Fitos de AFAGA
Nace AFAGA

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) nace no ano 1994 froito do interese dun grupo de familiares por mor da desorientación e a falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade. AFAGA foi a primeira asociación de familiares de Galicia.
Inicio Servicio de Atención a Domicilio
Prestación dunha serie de atencións de carácter persoal e doméstico destinado ás persoas afectadas por algún tipo de demencia neurodegenerativa e a súa contorna convivencial por parte de persoal TCAE con formación específica no campo.
Inicio dos Grupos de Ayuda Mutua
Os participantes en convocatorias previas
terapéuticas convertéronse en GAM con seguimento profesional, reúnense trimestralmente co seu profesional de referencia e complementan con actividades de lecer e tempo libre organizados por eles mesmos.
Creación de FAGAL

AFAGA -xunto a AFACO, AFAPO e AFAOR- crea a A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (FAGAL).
Obradoiros de Estimulación Cognitiva

Comezan a funcionar os primeiros grupos de Estimulación Cognitiva, con actividades dirixidas a manter as habilidades, coñecementos e condutas que aínda posúen as personas con alzhéimer e outras demencias.
Xornadas Profesionais sobre Alzheimer e outras Demencias

Primeira edición das Xornadas Profesionais nas que expertos en diversos sectores relacionados coas demencias departen e comparten os últimos avances e descubrimentos.
AFAGA é considerada Entidad de Utilidad Pública
AFAGA é recoñecida pola Administración con esta condición por reunir unha serie de características en canto á súa composición, fins e obxectivos, declarados de interese xeral.
Inicio do Programa Rede Rural Alzhéimer
Centro de Día especializado en Alzhéimer Vigo-Beiramar

AFAGA xestiona dende o ano 2008 o centro de día especializado en alzhéimer e outras demencias. Este centro réxese mediante convenio coa Xunta de Galicia e ten 40 prazas destinadas a persoas maiores con demencia tipo Alzheimer.
Unidade Terapéutica de Porriño

AFAGA xestiona a Unidade de Atención Diúrna de Porriño.
Este centro réxese mediante convenio coa Xunta de Galicia e ten 24 prazas destinadas a persoas maiores con demencia tipo Alzheimer. Trátase dun proxecto piloto na Comunidade como recurso de media estancia de titularidade pública.
Presidencia de FAGAL
AFAGA exerceu a presidencia da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias dende 2008 a 2020.
Fisioterapia a domicilio
AFAGA inicia o servizo de fisioterapia a domicilio. Márcanse pautas domiciliarias e valóranse diferentes realidades do usuario: ton muscular, risco de caídas, dificultade nas transferencias, patoloxías respiratorias e vasculares, dor, marcha e trastornos do movemento fundamentalmente.
Inauguración da Sede de AFAGA en Martínez Garrido

Logo de estar nas rúas Marqués de Valladares e Oliva, a finais do ano 2011, AFAGA puxo en marcha o Centro de Atención Integral para enfermos de alzhéimer e outras demencias, centro da súa titularidade situado no local propiedade do Concello de Vigo.
Unión a CEAFA
![]()
En 2011, AFAGA comeza a formar parte de CEAFA, a Confederación Española de Alzhéimer.
AFAGA foi Vicepresidenta da Confederación dende 2011 a 2015.
Inicio do Programa 'Cultiva a Mente'

O taller ‘Cultiva a Mente’ engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. É un programa deseñado para exercitar a mente, pero tamén para socializar, para escapar da rutina do día a día, para divertirse e, desta forma, espertar nas persoas usuarias novas inquietudes intelectuais.
Taller de Estimulación por Novas Tecnoloxías

AFAGA conta cun dos softwares de estimulación cognitiva para persoas con demencias máis validados, o novo GRADIOR Suite, creado pola Fundación INTRAS. Con este programa podemos traballar de forma completamente personalizada, adaptando a estimulación ás características das persoas con demencia.
Blog 'O Recuncho do Coidador'
Comezamos o noso blog 'O Recuncho do Coidador', coa intención de ofrecer información de valía ás persoas coidadoras e familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias, dende diversos aspectos (psicolóxico, xurídico, funcional...).
Plataforma Online de Formación

Estreamos a nosa plataforma en liña de formación a profesionais na atención a persoas con alzhéimer e outras demencias.
Obradoiros de Estimulación Cognitiva en Tui

Inicio en Tui de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para persoas afectadas por alzhéimer e outras enfermedades neurodexenerativas.
Unidade Terapéutica 'Reitoral de Mos'

Obradoiros de estimulación cognitiva e funcional na Casa Reitoral de Mos.
Concurso de Relatos Curtos sobre Alzhéimer
Primeira edición do Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”
Gala Benéfica 'Non te esquezas de rir'

Primeira edición da Gala Benéfica 'Non te esquezas de rir', na que diversos cómicos fannos pasar unha boa tarde á vez que se colabora cunha boa causa. A recadación destínase á posta en marcha de novos programas dirixidos a persoas afectadas por alzhéimer e aos seus familiares.
Obradoiros de Estimulación Cognitiva en Salceda

Inicio en Salceda dos obradoiros de estimulación cognitiva e funcional, dirixidos a persoas que padecen alzhéimer ou outras enfermidades neurodexenerativas.
Centro de Atención ao alzhéimer 'Baixo Miño'

No centro de atención ao alzhéimer “Baixo Miño” de Tui ofrécense obradoiros de estimulación congnitiva e funcional para todos os usuarios.
Departamento xurídico
Estrea do Departamento de Asesoramento Xurídico de AFAGA, un servizo que nace coa finalidade principal de dar soporte en aspectos xurídicos relevantes a familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias, así como ao propio enfermo.
AFAGA 'Vigués distinguido'

O título de “Vigués Distinguido” é un galardón que sinala a unha persoa ou a un grupo de persoas que destacaron ao longo da súa vida polas súas virtudes humanas ou o seu quefacer profesional. Este título concédese tamén a aquelas entidades, institucións ou empresas cuxa actividade se proxecta en beneficio da cidade ou dos seus habitantes, xa sexa pola natureza dos seus obxectivos xa polo éxito ou a repercusión da súa traxectoria.
Obradoiros de Estimulación Cognitiva en Nigrán

Inicio en Nigrán dos “obradoiros de estimulación cognitiva e funcional” dirixidos a usuarios aos que se lles diagnostica alzhéimer ou outras enfermidades neurodexenerativas.
Obradoiros de Estimulación Cognitiva en Ponteareas

Inicio en en Ponteareas dos obradoiros de estimulación cognitiva e funcional, dirixidos a persoas que padecen alzhéimer u outras enfermidades neurodexenerativas.
Obradoiros de Estimulación Cognitiva en Redondela e Chapela

Dende o ano 2019 celébranse en Redondela obradoiros de estimulación funcional e cognitiva dirixidos a usuarios que padecen alzhéimer ou outras enfermidades neurodexenerativas.
Coro 'Os Sons da Memoria'

Nace o coro 'Os Sons da Memoria' de AFAGA, da man da Fundación Coral Casablanca. Está composto por persoas usuarias de AFAGA e os seus coidadores e familiares, ademais de profesionais e voluntarios da asociación. O seu obxectivo é estimular a memoria das persoas con demencia interpretando cancións que forman parte das súas vidas xa que, segundo demostran estudos científicos, a memoria musical é unha das últimas en sufrir deterioración.
Servizo de estimulación a domicilio
En 2021 ponse en marcha este servizo como resposta ante as dificultades da pandemia provocada polo coronavirus, pero con espírito de permanencia no tempo.
A persoa beneficiaria recibe unhas horas semanais sesións de estimulación cognitiva programadas por un psicólogo sanitario e implementadas por TCAE.
Centro de Día de Marín
O Centro de Día Terapéutico Marín, un proxecto en colaboración con AFAPO, está dirixidos a persoas ás que se lles diagnostica alzhéimer ou outras enfermidades neurodexenerativas.
Servizo de transporte
En 2022 iníciase o servizo de transporte para facilitar a chegada ao centro de Martínez Garrido a aqueles usuarios con máis dificultades de traslado.
'Cultiva a Mente' en Vilagarcía de Arousa
Dende o ano 2022 celébranse en Vilagarcía de Arousa obradoiros de prevención do deterioro cognitivo para persoas a partir de 55 anos.
Cátedra de Idadismo

En 2022 naceu a cátedra de Idadismo, unha iniciativa pioneira en España, baixo iniciativa da Universidade de Vigo, AFAGA e ATENDO. Esta cátedra impúlsase co obxectivo de contribuír á transformación na maneira de pensar, sentir e actuar ante o envellecemento.
Praza da Memoria

No marco dos actos polo Día Mundial do Alzhéimer inaugurouse a Praza da Memoria situada fronte á Sede de AFAGA.
