Proxecto Celia / 'N-compañía'

afaga alzheimer proyecto celia

O proxecto levado a cabo entre a Universidade de Vigo e AFAGA co financiamento de Obra Social A Caixa, abriu un novo espectro de intervención terapéutica no domicilio consistente no desenvolvemento dun asistente de voz con interface personalizable que interactúa coa persoa beneficiase a través de actividades que fomentan as capacidades cognitivas.

En 2022 un total de 30 persoas puideron facer uso da aplicación chamada “Celia” instalada nunha tablet que foi entregada a cada un deles.

AFAGA, desde o seu Servizo de Atención Domiciliaria, coordinou o proxecto finalizado en setembro do 2022 implicándose na atención terapéutica directa a estas persoas.

O Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo desenvolveu e adaptou o software de estimulación terapéutica ás condicións particulares de cada usuario polo que existiu unha constante comunicación entre entidades para poder ofrecer unha experiencia satisfactoria.

afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio