Política de cookies


A presente Política de Cookies forma parte do Aviso Legal e da Política de Protección de Datos de www.afaga.com (en diante, o «Sitio Web»). O acceso e a navegación polo Sitio Web, así como a utilización dos seus servizos, implican a aceptación das condicións establecidas en ambos os documentos.

Co fin de facilitar a navegación polo Sitio Web, AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia), con CIF G36776920 e domicilio na Avenida Martínez Garrido, nº 21, Baixo Interior, CP 36205, Vigo, utiliza cookies e outras tecnoloxías de funcionalidade similar (en diante, as «Cookies»).

AFAGA é a responsable do tratamento dos datos obtidos a través das cookies propias e, se é o caso, daquelas de terceiros sobre as que determine a finalidade e os medios do tratamento.

¿Que son as cookies?

As cookies son pequenos ficheiros de texto que se descargan no dispositivo da persoa usuaria ao acceder a unha páxina web. A súa finalidade principal é recoñecer o dispositivo en futuras visitas, facilitar a navegación e mellorar a experiencia de uso do Sitio Web.

As cookies non danan o dispositivo e, cando están habilitadas no navegador, axudan a identificar e resolver posibles incidencias técnicas, ademais de permitir determinadas funcionalidades esenciais do Sitio Web.

Uso das cookies

O Sitio Web utiliza cookies para garantir o seu correcto funcionamento, lembrar determinadas preferencias de navegación, mellorar a experiencia da persoa usuaria e obter información estatística sobre o uso da páxina.

Entre as cookies utilizadas poden atoparse cookies técnicas necesarias para o funcionamento do Sitio Web, cookies de personalización que permiten lembrar o idioma seleccionado e outras preferencias de navegación, así como cookies analíticas destinadas a recompilar información agregada e anónima sobre o uso do sitio co fin de mellorar o seu funcionamento.

O Sitio Web foi desenvolvido mediante WordPress e pode utilizar determinadas cookies propias desta plataforma para garantir o seu correcto funcionamento. Así mesmo, poden empregarse servizos de terceiros, como ferramentas de análise ou botóns para compartir contidos en redes sociais, que poden instalar asas propias cookies de acordo coas súas respectivas políticas de privacidade e cookies.

AFAGA non controla nin é responsable do contido, funcionamento ou políticas de privacidade dos servizos prestados por terceiros. Recoméndase ás persoas usuarias consultar directamente as políticas de cookies e privacidade destes provedores para obter información detallada sobre o tratamento dos seus datos.

Tipos de cookies utilizadas

Dependendo da configuración do Sitio Web, poderán utilizarse as seguintes categorías de cookies:

  • Cookies técnicas: necesarias para o funcionamento e a seguridade do Sitio Web.
  • Cookies de personalización: permiten lembrar preferencias como o idioma ou determinadas opcións de navegación.
  • Cookies analíticas: recompilan información estatística agregada e anónima sobre o uso do Sitio Web para mellorar o seu rendemento.
  • Cookies de terceros: instaladas por servizos externos integrados no Sitio Web, como ferramentas de análise ou redes sociais.

Configuración das cookies

A persoa usuaria pode aceptar, rexeitar ou configurar o uso de cookies mediante o panel de configuración dispoñible no Sitio Web ou a través das opcións do seu navegador de Internet.

A maioría dos navegadores permiten bloquear ou eliminar as cookies instaladas, así como configurar avisos antes de que unha cookie sexa almacenada no dispositivo. Non obstante, a desactivación de determinadas cookies pode afectar ao correcto funcionamento do Sitio Web ou limitar algunhas das súas funcionalidades.

Aceptación da Política de Cookies

A utilización do Sitio Web despois de configurar ou aceptar o uso de cookies mediante o correspondente panel de configuración supón a aceptación da presente Política de Cookies nos termos establecidos, sen prexuízo do dereito da persoa usuaria a modificar a súa configuración ou retirar o seu consentimento en calquera momento.

Scroll ao inicio