Biofamalz

Desenvolvemento de biomarcadores familiares de deterioro cognitivo e estrés familiar na enfermidade de Alzheimer.

Dirixido polo doutor Carlos Spuch, investigador superior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Colaboración do CINBIO UVIGO e AFAGA Alzheimer.

A perda de niveis cognitivos en pacientes con esta enfermidade está asociada a un aumento do estrés nos coidadores primarios. Por iso, esta investigación pretende desenvolver (por primeira vez) biomarcadores na saliva que teñan en conta a relación entre a familia e o paciente, e que permitan diagnosticar dun xeito sinxelo e non invasivo o nivel de deterioro cognitivo dos o paciente e o nivel de estrés familiar dos coidadores. Estes biomarcadores permitirían desenvolver (axiña por parte de AFAGA) estratexias que eviten o deterioro do paciente e da súa propia familia dun xeito precoz, sinxelo e económico.

Obxetivos
  • O desenvolvemento dun panel molecular na saliva que prevé o risco de presentar unha necesidade de intervención urxente no binomio paciente-familia.
  • Desenvolver un panel de biomarcadores moleculares salivais do deterioro cognitivo.
  • Desenvolver un panel de biomarcadores moleculares na saliva de eficacia terapéutica en pacientes sometidos a estimulación cognitiva.
  • Cuantificar o grao de estrés das familias con pacientes con alzhéimer segundo o grao de deterioro cognitivo.
  • Investiga a perspectiva de xénero e idade nestes paneis de biomarcadores para obter paneis específicos para mulleres e homes segundo o rango de idade.
afaga alzheimer cartel proyecto biofamalz
afaga alzheimer imagen contacto

¿Precisas axuda?

¿Máis información?

Scroll ao inicio