Cursos para profesionais

Despois de anos de experiencia impartindo formación especializada a profesionais do ámbito sociosanitario, AFAGA pon á túa disposición estes cursos que xa desenvolvemos con éxito:

«Coidados ao redor da persoa con demencia: coñecer, entender e acompañar»
Presencial | 4 horas

Obxectivos: Coñecer os tipos de demencias e o seu diagnóstico. Profundar nos síntomas das demencias: cognitivos, conductuales e psicolóxicos. Adquirir recursos e ferramentas para poder manexar estes síntomas. Adquirir coñecementos introdutorios sobre recursos e terapias para retardar o proceso de deterioración. 

«Coidar sen descoidarse»
Presencial | 4 horas

Obxectivos: Profundar en aspectos clave do proceso de acompañar, apoiar e coidar a outras persoas.
Reflexionar e interiorizar os principios éticos inherentes a dito proceso e ás premisas adaptadas ao exercicio de coidar.
Coñecer e afondar nos valores e características persoais que deben guiar a labor dos coidadores profesionais.

«Dó: proceso e acompañamento na perda»
Presencial | 4 horas

Obxectivos: Reflexionar e profundar no proceso de dó acompañando a persoas.
Familiarizarnos coas perdas e as súas consecuencias.
Coñecer os aspectos relevantes no proceso de dó.
Fomentar a elaboración das propias perdas como premisa para acompañar a outras persoas.
Adquirir estratexias adecuadas para o acompañamento no proceso de dó.

«Envellecemento e demencias en persoas con discapacidade intelectual»
Presencial | 4 horas

Obxectivos: Aprender a discriminar o normal do patolóxico no proceso de envellecemento de persoas con discapacidade intelectual (DEI)
Recoñecer os signos de alarma da alteración patolóxica en DEI.
Adestrar a observación, comprensión e actuación entre a alteración cognitiva e a manifestación no desempeño emocional, relacional e funcional.
Reflexionar e adaptar a nosa intervención profesional á realidade de DEI e demencia.

«A nova protección e apoio ós dereitos das persoas con discapacidade»
Presencial | 2 horas

Obxectivos: Adquirir un coñecemento inicial sobre a nova Lei 8/2021 relativa aos dereitos das persoas con discapacidade

«Primeiros auxilios»

Presencial | 4 horas

Obxectivos: Adquirir nocións básicas sobre primeiros auxilios e socorrismo.
Aprender a realizar a reanimación cardiovascular.
Profundar nos primeiros auxilios máis necesarios no colectivo de persoas dependentes.

«Voluntariado con persoas con demencia»

Presencial | 3 horas

Obxectivos: Reflexionar sobre a necesidade e realidade da acción voluntaria.
Profundar no coñecemento do Alzheimer e outras demencias, os seus mitos e realidades
Importancia e funcións do voluntariado no ámbito da demencia.
Identificar e aprender a potenciar as habilidades sociais necesarias na intervención e comunicación con persoas con demencia.

 

afaga alzheimer imagen formacion_2

Máis información sobre os cursos?

Descarga o PDF

Online
curso on line 1 14 introd envej sept oct 2025
curso interv autonomia 03 06 oct 2025
curso emoción y conducta 02 12 oct 2025
estimulación cognitiva en demencias 04 01

Dirixidos a:

Profesionais do ámbito social e sanitario (auxiliares de clínica, xerocultores, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, médicos, traballadores sociais,…) que queiran ampliar e reciclar coñecementos no ámbito das demencias, así como para todos aqueles que queiran coñecer máis profundamente o acompañamento de persoas con demencia e a súa contorna familiar.

Formación bonificable:

Consultar prezos e descontos.

Formación 100% bonificable a través de FUNDAE. Posibilidade de xestión da bonificación por parte de AFAGA.

Formato:

Accións formativas 100% en liña e impartirase a través da nosa Plataforma Virtual: formacion.afaga.com.

Máis información:

  • Teléfono: 986 22 97 97
  • E-mail: formacion@afaga.com
 

Inscríbeche

Scroll ao inicio