Asesoramento xurÃdico
No 2014 púxose en marcha o Departamento de Asesoramento XurÃdico de AFAGA, un servizo que nace coa finalidade principal de dar soporte en aspectos xurÃdicos relevantes a familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias, asà como ao propio enfermo.
AFAGA é consciente de que os aspectos xurÃdicos relacionados co alzhéimer e outras demencias se converten, en ocasións, nunha fonte de preocupación para as familias. Asà pois, numerosos son os trámites legais e administrativos aos que deben facer fronte as familias, entre os cales destacan: a solicitude da declaración de incapacidade; a solicitude de medidas preventivas de protección; a solicitude de tutela ou outras formas de protección; o asesoramento relativo a cuestións de carácter patrimonial tales como herdanzas e sucesións, entre outros.
Coa posta en marcha deste servizo preténdese, polo tanto, dar asesoramento especializado ás familias nos trámites sinalados anteriormente, asà como en calquera outras cuestións de carácter legal que poida relacionarse coa enfermidade.
O devandito servizo será accesible aos socios por medio dunha cita previa que se pode concertar a través das canles de contacto habituais da asociación:
Máis información:
- Teléfono: 986 22 97 97. Extensión: 5
- E-mail: d.juridico@afaga.com