Atención psicolóxica
O programa de atención psicolóxica conta cos seguintes servizos:
1. Atención psicolóxica a coidadores familiares de persoas con alzhéimer ou outra demencia para a prevención e manexo de alteracións físicas, psicolóxicas e sociais derivadas das tarefas do coidado. Inclúe, desde unha perspectiva bio-psico-social, unha serie de accións destinadas a acompañar no transcurso da enfermidade.
Obxectivos
- Ofrecer soporte emocional ao familiar tras o diagnóstico e ao longo da evolución da enfermidade
- Potenciar a aceptación e o óptimo afrontamiento da enfermidade
- Fomentar o autocuidado
- Tratar os conflitos e modificar as condutas desadaptativas
- Previr as alteracións psicolóxicas prexudiciais, propoñendo respostas alternativas e compatibles co coidado do enfermo
- Manexar as emocións negativas e os estados de sobrecarga que xorden froito do coidado do enfermo
- Identificar o momento actual da enfermidade no seu familiar e as característcicas que presenta, para fomentar que o familiar entenda a ‘enfermidade’ e ao ‘enfermo’ e actúe da forma máis adecuada ante as correspondentes características
- Fomentar habilidades de comunicación, organización de coidados e traballo en equipo no ámbito familiar de coidados do enfermo
- Acompañar en procesos de duelo
2. Intervenciones grupales para coidadores familiares que axudan a mellorar a calidade de vida, a capacidade de resiliencia e o estado de ánimo dos coidadores de persoas con alzhéimer ou outras demencias. En AFAGA desenvolvemos diferentes modelos evidenciados científicamente e de creación propia baseados en metodoloxía terapéutica e psicoeducativa.
Obxectivos
- Dotar aos coidadores familiares de ferramentas que lles permitan comprender e aceptar a enfermidade, favorecendo unha boa adaptación á nova situación
- Acompañar e axudar a xestionar emocións vinculadas ao rol de coidador
- Achegar coñecementos e fomentar recursos adecuados para facer fronte ao día a día desta enfermidade
- Compartir experiencias e fomentar as relacións sociais evitando o illamento
3. Atención psicolóxica a persoas con demencia en fase leve para ofrecer un servizo de apoio a persoas que padecen algún tipo de demencia, para expresar emocións e acompañar no proceso de aceptación inicial do diagnóstico; así como achegar pautas prácticas para que a súa día a día sexa da maneira máis independente e estimuladora posible.
Obxectivos
- Proporcionar un espazo íntimo de desafogo emocional para a persoa con demencia
- Achegar información sinxela e comprensible adaptada ás dúbidas individuais da enfermidade
- Ofrecer pautas de afrontamiento para as dificultades que se lle poidan presentar no día a día
- Manexar e reconducir complicacións familiares entre a persoa enferma e a súa contorna de coidados
Acceso:
- Dende o programa de Acollida (Traballadora Social).
- Derivación interna doutros programas de AFAGA.
- A petición propia.
Máis información:
- Teléfono: 986 22 97 97
- E-mail: psico.gonzalo@afaga.com