Centro de Día especializado en Alzheimer 'Vigo-Beiramar'

afaga alzheimer logo centros dia

 

Avda. Beiramar, 51 Bajoº – 36202 Vigo

Teléfono: 986 29 69 51

Correo electrónico: coor.cdbeiramar@afaga.com

Horario: luns a venres de 9:00 a 17:30 horas

AFAGA xestiona dende o ano 2008 o Centro de Día especializado en Alzheimer e outras Demencias. Este centro réxese mediante convenio coa Xunta de Galicia e ten 40 prazas destinadas a persoas maiores con demencia tipo Alzheimer.


O acceso a estas prazas tramítase a través da área de Dependencia da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Entre os programas e servizos que se realizan no centro están:


Servizos básicos: manutención, transporte, coidado persoal, aseo e hixiene, control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVD) e axuda na comida.


Servizos terapéuticos: Hay dous tipos, os servizos específicos dirixidos ao usuario (que se desenvolverán a través do programa de intervención terapéutica) e os específicos para a familia coidadora (articulados non programa de intervención coas familias).


Os programas que se desenvolven son:

    • Psicoestimulación
    • Estimulación cognitiva
    • Estimulación motriz
    • Estimulación con ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías
    • Xerontoximnasia
    • Estimulación funcional cun fisioterapeuta
    • Estimulación motriz cun terapeuta ocupacional
    • Laborterapia
    • Musicoterapia
afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio