Centro de atención integral para as demencias
Avd. Martínez Garrido, 21. Interior 36205 – Vigo
Teléfono: 986 22 97 97
Correo electrónico: afaga@afaga.com
Horario: luns a venres de 9:00 a 19:00 horas
A finais do ano 2011, AFAGA puxo en marcha o Centro de Atención Integral para enfermos de alzhéimer e outras demencias, centro da súa titularidade situado no local propiedade do Concello de Vigo*.
Entre os programas e servizos que, orientados ás persoas usuarias, se realizan no centro destacan:
Programas de apoio a familias:
- Programa de acollida
- Programa de información e asesoramento en axudas técnicas
- Atención psicolóxica individualizada
- Grupos de Axuda Mutua
- Asesoramento legal
- Información, orientación e asesoramento en trámites e recursos sociais
- Trámites sociais
Actividades formativas:
- Cursos para familiares e coidadores
- Cursos para voluntarios
- Xornadas técnicas para profesionais
- Cursos para coidados no contorno familiar de persoas con demencia
- Programa de formación interna para traballadores
Intervención con enfermos en fase leve
Nos obradoiros de estimulación se traballa en grupos pequenos e por niveis de capacidade, o que permite que os usuarios se relacionen e conserven as habilidades sociais.
*Disfrute do local por medio do Decreto do Excmo. Sr. Alcalde de data de 25 de marzo de 2011, denominado “Autorización de uso en precario de local municipal á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA)”, que supoñen a utilización de 352,71 metros cadrados do local co número de inventario 1816.