Curso en liña de AFAGA: ‘Introdución ao envellecemento e as demencias neurodegenerativas’

O día 14 de xuño comeza unha nova edición do curso en liña: ‘Introdución ao envellecemento e as demencias neurodexenerativas’

Un curso para recoñecer os aspectos máis relevantes do envellecemento, normal e patolóxico, a nivel cognitivo.

Nas súas 20h de duración, adquirirás os coñecementos básicos sobre demencias, tipos, causas e a súa realidade; con especial foco na comprensión do Alzheimer, o tipo de demencia máis común.

Este curso comeza centrándose no proceso de envellecer, destacando que mitos e prexuízos debemos eliminar sobre esta etapa da vida e que é o edadismo, un dos tipos de discriminación máis estendidos contra o que advirte a OMS.

Unha vez comprendido como avanza a idade, centrámonos en como é un envellecemento normal, sen patoloxías; que etapas conleva e como se manteñen diversas capacidades. Ademais, veremos consellos para manter un envellecemento activo e saudable.

Por último estudaremos o envellecemento patolóxico a nivel cognitivo, aquel en o que fai aparición algún tipo de demencia. Veremos que variedades hai e como se manifesta cada unha, e profundaremos no Alzheimer, a máis común de todas as demencias neurodegenerativas.

afaga alzheimer curso online introduccion a las demencias web

Este curso ten un prezo para particulares de 60€ e de 50€ para grupos e persoas desempregadas, para empresas e entidades pode ser 100% bonificable a través de FUNDAE.

Trátase do primeiro módulo da ‘Formación Superior: Intervención en Demencias Neurodegenerativas’, pero pode realizarse de forma independente.

Máis información e inscricións en: formacion@afaga.com / 986229797 ou no seguinte formulario:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio