A secretaria xeral de Política Social visitou a Unidade Terapéutica de Porriño

Coro Piñeiro, secretaria xeral de Política Social de la Xunta, visitou o venres pola mañan a Unidade Terapéutica de Porriño, xestionado por Afaga e dependente da Xunta de Galicia.

A coordinadora do centro, Laura Gómez, mostrou á secretaria xeral os espazos dos que consta este centro, que conta con 24 usuarios, repartidos en xornadas de mañá e tarde.

Coro Piñeiro declaraba, acerca do motivo desta visita, estamos a percorrer todos os centros galegos que ofertan un servizo público co obxectivo de achegarnos á realidade en lugar de facelo dende un despacho; a impresión é moi boa e satisfactoria porque non hai máis que ver os sorrisos nas súas caras e o ambiente é moi agradable”.

Pola súa banda, o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, explicou que “a característica deste centro é que ofrece unha unidade de atención de media xornada nun ámbito rural, un modelo a seguir en poboacións pequenas, que se adapta perfectamente aos ámbitos do interior de Galicia”. Aínda que os espazos adoitan quedar pequenos pola gran demanda deste servizo, asegurou que á súa vez “este é o modo de ofrecer unha atención máis especializada, aquí traballamos o ámbito cognitivo, a memoria, as relacións persoais, a terapia ocupacional e a psicomotricidade, con actividades que manteñen os usuarios activos física e mentalmente”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio