Conseguir máis ‘conCiencia’ social

‘Ela non se acordará. E ti?’ é o lema escollido polas asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Galicia para conmemorar o Día Mundial, que se celebra este venres, 21 de setembro.

Con esta idea, queremos facer un chamamento á sociedade para que tome ‘conCiencia’ real da problemática das enfermidades neurodegenerativas; ao ámbito científico, de aí o termo ‘conCiencia’, para lograr un maior compromiso dos profesionais e as empresas para impulsar as investigacións; e, por suposto, ás administracións públicas, que son quen ten a chave que abre portas á investigación, ás axudas e á dotación de recursos.

En definitiva, o principal obxectivo que nos marcamos nesta ocasión é tomar ‘conciencia’ coa enfermidade, cuxa incidencia aumenta cada ano, coas persoas enfermas e cos seus familiares, que viven unha situación moi complicada por todo o que leva coidar a unha persoa cunha enfermidade neurodexenerativa.

Galería de imáxenes do Día Mundial

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio