Son persoa coidadora

Sabemos que asumir a responsabilidade de coidar dun ser querido con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa pode ser un desafío abrumador. Queremos que saibas que non estás só nesta travesía. A nosa asociación está aquí para brindarte información, recursos e apoio que poden facer esta etapa máis manexable e significativa.

Podes acceder a recursos sólidos e actualizados sobre estas enfermidades. O noso obxectivo é brindarte coñecemento para comprender mellor o que estás a enfrontar.

Acompañarémoste no camiño, sempre ao teu carón facendo máis sinxelo o proceso do coidado e do avance da enfermidade do teu ser querido e tamén axudándote no autocoidado, que é imprescindible. Para iso, desenrolamos os seguintes servizos, con profesionais cualificados e probada experiencia:

Tamén temos cursos e charlas formativas que poden ser de utilidade para afrontar da mellor maneira posible o coidado do paciente e tamén o teu propio coidado.

afaga alzheimer servicios formación
afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio