Asesoramento en axudas técnicas

As dificultades de mobilidade e da comunicación que presentan as persoas con alzhéimer e outras demencias poden ser compensadas mediante o uso de ferramentas e dispositivos deseñados para tal fin, é o que se coñece co nome de Axudas Técnicas ou Productos de Apoio.

Estas posibilitan o desenvolvemento dunha vida máis independente e autónoma así como unha axuda para o coidado, mellorando a calidade de vida das persoas e dos seus coidadores e coidadoras.

A necesidade que ten o ser humano de desenvolver unha vida independente e autónoma vese truncada en moitas ocasións por problemas de tipo físico que limitan a súa mobilidade, ou de comunicación que fan que non poidan relacionarse de forma completa co resto de persoas.

Dende AFAGA queremos por a nosa parte para que se poda acadar esta mellora na vida cotiá mediante o asesoramento na compra de calquera material, a asesoría na adecuación do fogar a persoas con alzhéimer ou outras demencias.

Máis información:

  • Teléfono: 986 22 97 97
  • E-mail: t.ocupacional@afaga.com
afaga alzheimer asesoramiento ayudas tecnicas y productos de apoyo
afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio