Cuidar de un familiar con alzhéimer u otra demencia, desgasta física pero, sobre todo, mentalmente.
Conocer y entender lo que conllevan los síntomas en el día a día…, nos cuesta.
Y ser responsable de su día a día además de tu propia vida, cansa…, aunque se haga con motivación y sentimientos positivos.
Por ello, para seguir cuidando con paciencia, cariño y comprensión hay que descansar.
En este artículo, Maxi Rodríguez, psicóloga de AFAGA, ofrece unos interesantes consejos para coger fuerzas y ánimo ahora que llega el verano.
Descansar, para seguir coidando
Coidar dun familiar con alzhéimer ou outra demencia desgasta físicamente, pero, sobre todo, mentalmente.
Aceptar este tipo de enfermidades tan complexas, que afectan a diferentes niveis da persoa enferma (cognitivo, emocional, conductual, funcional, social,…) é difícil.
Coñecer e entender o que conlevan os síntomas no día a día…custa.
Querer axudarlle, supervisarlle ou apoiarlle para que poida seguir sendo independente… desgástanos, porque non se deixan acompañar neste proceso -nin eles mesmos saben o que lles está ocorrendo-.
E ser responsable do seu día a día ademais da túa propia vida, cansa…, aínda que se faga con motivación e sentimentos positivos.
Por iso, para seguir coidando con paciencia, cariño e comprensión, hai que descansar. Desconectar da situación diaria e separarnos temporalmente do noso familiar (horas, días, semanas…) é conveniente ao longo de todo o ano, pero quizais na temporada estival é a época onde nos apetece máis e podemos organizar mellor.
O paso inicial é comunicar a outros membros da familia que tomen a responsabilidade dos CUIDADOS do noso familiar por uns días -ás veces custa «pedir axuda» porque supoñemos que os demais saben como nos atopamos ou nos sentimos-. Con todo, hai que pensar que é complexo entender o que conleva coidar dunha persoa con demencia se non se convive con el ou se non es o responsable da calidade de vida do mesmo. Por iso, o principal é mostrar aos nosos familiares esa necesidade de respiro, de descanso, que temos.
Con todo, se por diferentes motivos non podemos contar con que outro familiar nos releve, temos á nosa disposición RECURSOS SOCIAIS de apoio:
- Centros de día: Se xa asiste de forma continuada, podemos AMPLIAR A XORNADA ou a cantidade de días durante estes meses para poder ter máis tempo para ti e realizar actividades de lecer (excursións, comidas, praia,…). E se non asiste a este tipo de recurso, podemos incluílo unhas horas.
- Residencias: A través de PROGRAMAS DE RESPIRO FAMILIAR. Son estancias temporais nas que o noso familiar estará moi ben acompañado por outras persoas maiores e profesionais que lle van aportar coidados de calidade e cariño.
Planteádevos que debemos confiar e delegar temporalmente no equipo de profesionais que traballan tanto nos centros de día como nas residencias. Eles coidan e acompañan aos nosos familiares, PARA PODER RESPIRAR e SEGUIR ADELANTE NO VALEROSO E GRAN RETO QUE É CUIDAR DO TEU FAMILIAR CON DEMENCIA.
ASÍ QUE, A DESCANSAR!
Maxi Rodríguez
Psicóloga de AFAGA
Xullo 2016