AFAGA na TVG!

Saímos no programa ‘A porta aberta’ de TVG2

Que ilusión! O programa ‘A porta aberta’ de TVG visitou AFAGA para coñecer de primeira man o noso traballo, tanto con persoas con Alzheimer ou outras demencias, como cos seus coidadores e familiares. A nós gustounos moitísimo e cremos que axuda a coñecer un pouco mellor cales son as nosas actividades, a nosa misión e os nosos valores.

Tamén nos encantou ver a Juan Carlos Rodríguez (presidente), Diana Rodríguez (traballadora social), Patricia Ruibal (psicóloga) e Iván Rarís (avogado) en pantalla. Que ben se lles dá! Cambiarán AFAGA por Hollywood? Esperamos que non 😉

E a ti gustouche? 🤔 Lémosche en comentarios 👇

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio