Que ben o pasamos!
Mércores 21 de decembro, 16:30h. Un lugar tan serio como a sede da Xunta de Galicia en Vigo está a piques de perder a compostura e converterse nun sitio onde prima a diversión… E é que alí nos citamos usuarios do Centro de Día, os seus coidadores e familiares e os traballadores para celebrar o noso Festival de Nadal.
Foi unha tarde fantástica
Comezamos cunhas palabras do noso presidente, Juan Carlos Rodríguez, e pasamos ao programa do evento. O primeiro: un vídeo realizado con fotografías das actividades que realizaron os usuarios durante este ano. A reacción foi moi emotiva, e é normal, estes meses traballaron moito en talleres, eventos, excursións… e rememoralo así é un gustazo, tamén para os seus seres queridos.
O Festival de Nadal do Centro de Día continuou cunha actuación dos propios usuarios que, xunto a algunhas traballadoras, interpretaron unha panxoliña ‘remix’. Éxito total.
Outro grupo de usuarios recitounos o conto ‘A viaxe de Carlota’, outro momento de emocións a flor de pel, que foron a máis coa entrega de diplomas a todos eles pola motivación e participación destes últimos meses. Por suposto, todos sacaron matrícula de honra.


Cando xa se venceu toda timidez foi coa actuación do Grupo de Acordeóns ‘Helios’ de Bembrive, que nos deleitaron con moita música tradicional galega. O salón de actos da Xunta transformouse en toda unha pista de baile. Que ritmo!


E sorpresón final coa actuación ‘Nai Terra’ das traballadoras do Centro de Día. Fixérono fenomenal!
Queres velo todo? Meu dito meu feito, isto é para ti:
Que che parece? Gustouche? Lémosche en comentarios
P.D. Temos un ‘bonus’, a actuación íntegra do noso equipo