AFAGA convoca o II concurso de relato curto sobre alzhéimer

afaga alzheimer cartel ii concurso relato corto

Coa enfermidade de Alzheimer como trasfondo, AFAGA presenta a segunda edición do certame ‘Nun Recuncho da Memoria’ dirixido a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza.

O prazo de presentación dos relatos abriuse o luns, 26 de outubro, e finalizará o sábado, 26 de decembro.

A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy con S-Pen, 10´.

BASES  II CONCURSO DE RELATO CURTO
‘Nun Recuncho da Memoria’


PARTICIPANTES, AUTORÍA E ORIXINALIDADE DAS OBRAS

Poderán participar neste concurso todos os escritores maiores de 16 anos, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou en galego. A presentación dun relato ao concurso implica necesariamente a aceptación íntegra e incondicional das bases descritas no presente documento. Do mesmo xeito, os participantes garanten:

  • A autoría e a orixinalidade da obra presentada, así como que esta non é unha copia, nin unha modificación total ou parcial de ningunha outra obra propia ou allea.
  • O carácter inédito da obra presentada e da titularidade exclusiva da mesma.
  • Que a obra non se atopa sometida a ningún outro concurso pendente de resolución.


TEMÁTICA DA OBRA

A temática abordará a enfermidade de Alzheimer, poidendo estar enfocado desde a visión do propio enfermo, a familia, os coidadores, as relacións avós-netos, percepción da sociedade respecto ás enfermidades neurodegenerativas, ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.


PRESENTACIÓN DE OBRAS AO CONCURSO

A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas (1000 palabras) e dun mínimo dunha folla e media (500 palabras), a unha cara en tamaño DIN A-4, en letra Arial, tamaño 12 e interlineado de 1,5 liñas. Ademais, levará unha portada onde aparecerá o título da obra e o pseudónimo do autor ou autora, se o houbese, non é indispensable. Este documento levará por nome o título do relato.

Ademais, nun documento anexo, poñerase de novo o título da obra, o pseudónimo do autor, en caso de haber, e o nome e apelidos, así como a súa dirección completa, número de teléfono e copia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte (pode ser unha imaxe escaneada ou fotocopia). Este documento levará por nome o título do relato seguido da palabra “datos”.

As obras presentaranse de forma dixital (en liña). Só se pode presentar un traballo por autor.

Os traballos, nas condicións anteriormente establecidas, poderanse enviar por correo electrónico a comunicacion@afaga.com ata o 26 de decembro de 2015.


XURADO E VOTACIÓN

O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá as facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

O fallo darase a coñecer o 29 de xaneiro de 2016 a través dos distintos medios de comunicación de AFAGA: web, facebook, twitter e blog.


PREMIO

O premio, que consistirá nunha TABLET SAMSUNG GALAXY CON S-PEN 10´, entregarse nun prazo de 15 días, unha vez emitido o fallo do xurado e publicarase no Blog e na web de AFAGA, www.afaga.com.


CESIÓN DE DEREITOS E PUBLICACIÓN DAS OBRAS

AFAGA disporá de todas as obras presentadas para a súa publicación na forma e maneira que crea oportuno, salvo comunicación previa, expresa, fehaciente e por escrito de contrario por parte dos escritores participantes.

No momento en que unha determinada obra sexa seleccionada para a súa publicación identificarase ao autor ou autora desta, salvo que designase seudónimo coa finalidade de preservar o seu anonimato.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio