Actitudes a ter en conta cos enfermos de alzhéeimer e outras demencias

afaga alzheimer actitudes enfermos alzheimer demencias

Os coidadores temos que ter sempre presente que a persoa que padece Alzheimer ou outra demencia non é consciente do que lle está a ocorrer, nin dos propios síntomas que manifesta (desorientación no tempo, no espazo, a nivel persoal, cóstalles centrarse nunha cousa, problemas para lembrar información recente, dificultades para expresarse verbalmente porque non lle sae a palabra axeitada, ou non comprender o que lles dicimos…). Todo isto fai que o entorno no que se move lle resulte moi grande.

Tememos que coñecer os síntomas cognitivos, psicolóxicos e comportamentais propios destas enfermidades para poder entender mellor como se pode sentir un enfermo, e nós poder asumir que non o está a facer de propósito, que simplemente pode sentirse observado, corrixido,… O enfermo non entende o porqué das nosas actitudes, aínda que fose el quen a provocou por unha acción previa.

Ata que os coidadores non asumimos a enfermidade do noso familiar, é difícil que poidamos manifestar actitudes adecuadas, conciliadoras e, sobre todo, “non estresantes” con el e connosco mesmos. Porque na nosa cabeza os pensamentos preocupantes atormentan, angustian… E as nosas emocións poden ser tantas e tan dispares por momentos que hai un caos en min… que non me deixa ver outras alternativas e que consegue que loite “mente a mente” para que o meu familiar non perda as súas capacidades; pero o que conseguimos é irritalo e xerar un círculo de conflito e alteración.

Non vos preocupedes, con tempo e gañas conséguese! Logra entender a enfermidade, entender ao enfermo e, o máis importante, entenderme a min mesmo… PENSAR que, se teño tempo para min, o tempo que estarei con el (aínda que sexa menos) será mellor… e teréi gañas de rir, falar, acaricialo, pasear con el.

Hai que pedir axuda e recoñecer que eu só non podo… Compartir as miñas emocións co meu entorno e con outros familiares que estean a pasar polo mesmo axudarame a non acumular; e a ver que non son o único que sinte certas cousas. E que as miñas emocións teñen o dereito de contradicirse,… de debater,… e axudarme a non esixir aos demais que sintan o mesmo que eu.

NUNCA discutas con el,………. ponche de acordo con el.

NUNCA trates de razoar con el,………. distrae a súa atención.

NUNCA che avergonces,………. ensálzao.

NUNCA trates de darlle leccións,………. serena e axúdale.

NUNCA lle pidas que RECORDO,………. faino lembrar as cousas e os feitos.

NUNCA lle digas “xa che dixen”,………. repíteo as veces que sexan necesarias.

NUNCA lle digas “ti non podes”,………. dile fai o que poidas e como poidas.

NUNCA lle esixas ou ordenes,………. pregúntalle ou ensínao.

NUNCA sexas condescendente,………. dálle ánimos ou rógarlle.

NUNCA forces,………. reforza a situación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio