AFAGA e o Concello de Tui ofrecen atención ás persoas con alzhéimer e ás súas familias

O Concello de Tui e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia, a AFAGA, impulsarán un programa de actividades para persoas con deterioro cognitivo leve ou moderado e para as súas familias.

afaga alzheimer talleres tui

Os obradoiros desenvolveranse no Centro Comarcal de Atención ao Alzheimer Baixo Miño, situado na Antiga Escola de Chans, en Randufe. Alí impartiranse talleres de estimulación cognitiva e funcional dúas tardes á semana, durante tres horas cada día. Nos mesmos, traballaranse terapias funcionais e motrices, cognitivas e socializadoras, dirixidas a atrasar a etapa severa da enfermidade. Ademais, para a familia impartirase un servizo de información, orientación e asesoramento social.

Arestora hai 10 persoas inscritas nestes talleres e moitas en lista de espera. A intención é poder ampliar este servizo. O ingreso nos talleres realizarase a través da concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Unha vez completada a solicitude, realizarase unha valoración cognitiva e funcional que determinará a súa aptitude para os talleres.

Quenes desexen obter máis información, poden chamar o teléfono do Concello de Tui 986 60 36 25- Extensión 5 ou de AFAGA 986 22 97 97.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio