AFAGA convoca o IV Concurso de Relato Curto

afaga alzheimer cartel iv concurso relatos cortos

Un ano máis, AFAGA presenta a cuarta edición do certame ‘Nun Recuncho da Memoria’ dirixido a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades neurodegenerativas a súa fonte de inspiración.

Nesta ocasión, hai unha novidade na temática, que tratará sobre a enfermidade de Alzheimer enfocada desde a visión dos coidadores e a familia (cónxuxe, fillos, netos,…) ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.

Os relatos terán que estar escritos en lingua galega.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 20 de febreiro de 2018. A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch ou un eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).

BASES  IV CONCURSO DE RELATO CURTO
‘Nun Recuncho da Memoria’


PARTICIPANTES, AUTORÍA E ORIXINALIDADE DAS OBRAS

Poderán participar neste concurso todos os escritores maiores de 16 anos, de calquera nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou en galego. A presentación dun relato ao concurso implica necesariamente a aceptación íntegra e incondicional das bases descritas no presente documento. Do mesmo xeito, os participantes garanten:

  • A autoría e a orixinalidade da obra presentada, así como que esta non é unha copia, nin unha modificación total ou parcial de ningunha outra obra propia ou allea.
  • O carácter inédito da obra presentada e da titularidade exclusiva da mesma.
  • Que a obra non está sometida a ningún outro concurso pendente de resolución.


TEMÁTICA DA OBRA

A temática abordará a enfermidade de Alzheimer enfocada desde a visión dos coidadores e a familia (cónxuxe, fillos, netos, …) ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.


CATEGORÍAS

Establécense dúas categorías, cada unha delas premiará a mellor obra escrita nos dous idiomas admitidos, castelán e galego, sen poder concorrer unha obra a ambas categorías por medio do seu envío en ambos idiomas.


PRESENTACIÓN DE OBRAS AO CONCURSO

A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas (1000 palabras) e dun mínimo dun folio e medio (500 palabras), a unha cara en tamaño DIN A-4, en letra Arial, tamaño 12 e interlineado de 1,5 liñas. Ademais, levará unha portada onde aparecerá o título da obra e o pseudónimo do autor ou autora, se o houbese, non é indispensable. Este documento levará polo nome o título do relato.

Ademais, nun documento anexo, porase de novo o título da obra, o pseudónimo do autor, no caso de haber, e o nome e apelidos, así como a súa dirección completa, número de teléfono e copia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte (pode ser unha imaxe escaneada ou fotocopia). Este documento levará polo nome o título do relato seguido da palabra “datos”.

As obras presentaranse de forma dixital (online). Só se pode presentar un traballo por autor.

Os traballos, nas condicións anteriormente establecidas (aqueles que non cumpran todos os requisitos quedarán fóra de concurso) poderán enviarse por correo electrónico a comunicacion@afaga.com ata o 20 de febreiro de 2018.


XURADO E VOTACIÓN

O xurado, cuxa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo, terá as facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, así como interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

O fallo darase a coñecer o 19 de marzo de 2018 a través dos distintos medios de comunicación de AFAGA: Web, Facebook, Twitter, Instagram e o Blog O Rincón do Coidador.


PREMIO

Premiarase ao mellor relato de cada unha das categorías, consistindo o premio nunha tablet, un Smartwatch ou un eBook (o gañador escollerá unha das tres opcións) para cada unha das categorías. A entrega realizarase nun prazo de 20 días, unha vez emitido o fallo do xurado.

Os nomes dos gañadores e gañadoras, así como dos finalistas, publicaranse no Blog ‘O Rincón do Coidador’, na web de AFAGA, www.afaga.com, en Facebook, Twitter e Instagram.


CESIÓN DE DEREITOS E PUBLICACIÓN DAS OBRAS

AFAGA disporá de todas as obras presentadas para a súa publicación na forma e maneira que crea oportuno, salvo comunicación previa, expresa, fehaciente e por escrito en contrario por parte dos escritores participantes.

No momento en que unha determinada obra sexa seleccionada para a súa publicación, identificarase ao autor ou autora desta, salvo que este ou esta tivese designado un seudónimo en aras de preservar o seu anonimato.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio