Vota a AFAGA!

Necesitamos o teu voto! AFAGA participa na iniciativa “A voz do paciente” de Cinfa.

 

“A voz do paciente” é un proxecto solidario de Cinfa que ten un dobre obxectivo:

  • dar a coñecer a realidade de moitos pacientes no noso país
  • visibilizar o traballo das asociacións que lles acompañan

Unha iniciativa fantástica que ademais conta cunha achega económica de 2.500€ para estas asociacións, para axudar a desenvolver o seu labor na atención aos pacientes.

Recibirán esta axuda as 100 asociacións que máis apoio reciban nunha votación en liña.

Aí é onde entras ti 😊 Necesitamos o teu voto para AFAGA! Podes votar aquí.

A nós xa nos coñeces, sabes que facemos en AFAGA. Agora falarémosche do proxecto concreto que presentamos a esta iniciativa:

Chámase “Ledicia” e o seu obxectivo é transformar as actividades dirixidas a coidadores familiares de persoas con Alzheimer ou outra demencia. Como sabes, na maioría de casos as persoas con demencia son atendidas no seu domicilio por parte dun coidador familiar que asume esta tarefa case sen apoio externo, a responsabilidade asumida acaba derivando na ‘síndrome do coidador queimado’. Este acentúase polo illamento social. O coidador principal adoita dedicar 60h semanais á atención do seu familiar con demencia, o que impide a súa participación en actividades socioculturais que lles fagan sentirse acompañados e motívenlles a solicitar axuda cando o precisen.

O proxecto “Ledicia” pretende potenciar o benestar das persoas coidadoras mediante a planificación de saídas de lecer terapéutico nas que participen conxuntamente o binomio coidador/a-enfermo/a.

 

afaga proyecto ledicia cinfa

Cremos que é unha iniciativa fantástica, un respiro en conxunto, unha forma de aliviar a presión dos coidados e de favorecer a relación entre familiares máis aló dos seus roles como persoa coidadora-paciente.

Axúdasnos? Xa sabes, o teu voto aquí.

Grazas!

6 comentarios sobre “Vota a AFAGA!”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio