Se debateu o novo modelo de atención residencial nas XVIII Xornadas Profesionais Alzheimer

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales
  • Se presentou o novo modelo de atención residencial nas XVIII Xornadas Profesionais Alzheimer, organizadas por Afaga Alzheimer.

O sábado 27 de novembro tiveron lugar as XVIII Xornadas Profesionais Alzheimer en la Fundación Barrié (C/ Policarpo Sanz 31º, Vigo). A pesar da situación actual,  a súa décimo octava edición convertiuse nunha das máis exitosas cun total de 140 personas inscritas entre colaboradores, estudantes, profesionais e demandantes de emprego.

No acto de inauguración estiveron presentes (de esquerda a dereita na foto anterior) Mª Isabel Gey Pérez, Presidenta de Fagal; Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Presidente de Afaga Alzheimer; e Fernando González Abeijon, Director Xeral de Maiores e de Persoas con Discapacidade.

Durante a mesa inaugural Abeijon asegurou que A Xunta seguirá apoiando ás persoas con demencia neurodexenerativa, así como aos seus familiares, para que poidan ter un maior benestar e calidade de vida. Ademáis, tamén agradeceu todo o traballo que realizan asociacións como Afaga Alzheimer, “que fan posible que estas persoas reciban unha atención máis próxima”.

Na primeira mesa falouse do “Impacto da recente reforma de dereito civil: dende a perspectiva das demencias”. Participaron (de esquerda a dereita na seguinte foto) Ana Teresa Canoa, Notaria en Canoa y Colunga; Iván Rarís Filgueira, Avogado en Afaga Alzheimer; e María Paz Rubio, Catedrática de Dereito Civil en la USC.

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales 2

Se explicó o funcionamiento desta lei e a evolución que tivo a mesma ao largo dos anos. Tamén se asegurou que grazas a esta modificación converteuse nunha das leis máis avanzadas en comparación a outros países de Europa.

A seguinte mesa estivo presidida (de esquerda a dereita na seguinte foto) por Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente da asociación; Antonio Valdenebro, Médico da Xerencia Territorial de Servicios Sociais de Castilla e León, Alfredo Silva Tojo, Xefe de Servicio de Planificación, Innovación Asistencial e Xestión da Información na Dirección Xeral de Atención Sociosanitaria; e Andrés Rueda Sánchez, Portavoz de Residencias da AEDYGSS.

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales 3

Nela se tratou o “Futuro da atención continuada a persoas con demencia (Residencia Vs Domicilio)” e cada ponente expuso un modelo de atención en residencias. Entre eles, o novo modelo de atención residencial realizado pola A Xunta, explicado por Alfredo Silva Tojo. Durante a duración da mesa todos os ponentes puxéronse de acordo sobre a importancia da atención individualizada, personalizada e cercana nas residencias. Cunha estructura flexible e adaptada a cada perfil.

A terceira mesa estivo a cargo de Martha Moller e Lola Gispert do equipo de ANABCN. Ambas nos falaron sobre as actividades e obradoiros de formación que ofrece a súa asociación. Baixo o título de “A linguaxe do cerebro: Emoción e Relación”, tocaron distintos tipos de intervención a través de actividades como o baile ou empregando novas tecnoloxías como a realidade virtual para a activación ou rehabilitación cognitiva.

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales 4

Na clausura oficial do evento estivo presente Carlos López Font en representación do Concello de Vigo xunto ao presidente de Afaga Alzheimer. O concelleiro deu as grazas á asociación polo todo seu traballo e dedicación para axudar ás persoas con demencia e as súas familias durante tantos anos. Incluso destacou a aprobación por unanimidade da construcción dunha Unidade de Demencias que se deu no pleno do Concello de Vigo celebrado o mércores 24 de novembro.

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales 5

A derradeira mesa das xornadas foi presidida por Amelia Martins do equipo de Humanitude Portugal. Ela explicou a filosofía e pilares do método “Humanitude: novo enfoque de acompañamento de persoas dependentes”. Contou aos asistentes sobre a súa experiencia utilizando esta nova técnica e dos beneficios que pode aportar no coidado de persoas con demencia.

afaga alzheimer atención residencial jornadas profesionales 6

Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas a todos os ponentes que participaron en las jornadas. Todas as súas aportacións e experiencias servíronnos para reflexionar sobre a situación actual e avanzar de cara aos retos futuros na atención ás demencias.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio