As persoas usuarias do Centro de Martínez Garrido (Vigo) disfrutaron dunha mañá de deporte polo Día da Fundación de Decathlon
O 01 de xuño a tenda de deportes Decathlon celebrou o seu aniversario a nivel mundial cunha celebración á que asistiron as persoas usuarias de AFAGA Alzheimer. Coa colaboración do Centro Comercial Vialia e o ximnasio Meu Fit, eles pasaron a mañá aprendendo a forma adecuada de practicar deporte e hábitos saudables mentras facían diversos exercicios.
O día empezou na tenda de Decathlon para darlles a bienvenida ás persoas usuarias e ao persoal da asociación. Alí repartiron unas camisetas que realizaron polo Día da fundación.
Despois foron ao ximnasio Meu fit para empezar coas actividades programadas. Os instructores do centro de fitness ensináronlles diversos exercicios de estiramentos e a usar a bici, entre outras cosas.
A mañá rematou cunha merenda e unha actividade de manualidades para que eles personalizasen a súa propia cantimplora.
Dende AFAGA Alzheimer queremos dar as grazas a Decathlon por organizar esta actividade xunto con Vialia e Meu Fit. Desexámoslles un feliz Día de la Fundación e esperamos seguir participando con eles en actividades como estas no futuro.