A linguaxe non verbal é unha forma de comunicación, o tacto un transmisor de sensacións.
Para algunhas persoas con demencia é a súa única vía de expresión, de dar a coñecer os seus sentimentos e que diariamente o coidador aprende a descifrar.
Un abrazo, unha caricia, mellora a saúde física e mental. Alivia a soidade e axuda a superar o medo achegando seguridade e por qué non dicilo, calor; ferramenta tan utilizada en fisioterapia con fins terapéuticos.
Co tacto estimúlanse receptores sensoriais do corpo humano, coa finalidade de que a persoa á que llo aplicamos responda ante estes estímulos e manteña un mellor coñecemento do medio e de sí mesmo.
Pero débese ter coidado, xa que este contacto ás veces provoca rexeitamento, e de ser así, sempre ha de respectarse.