Este interesante artículo de Patricia Ruibal De Sola, Psicóloga de AFAGA, trata sobre la interacción entre niños y mayores, que aporta beneficios individuales y sociales para ambos grupos. Además, según los datos, las personas con deterioro cognitivo o demencia pueden experimentar mayor afecto durante las interacciones con niños del que pueden sentir en actividades no intergeneracionales.
Patricia Ruibal ha puesto en marcha un interesante programa intergeneracional en el que participan usuarios del Centro de Día Beiramar y alumnos de infantil del Colegio San José de la Guía, en Vigo. Por eso, habla en primera persona de esta maravillosa experiencia, y los resultados tan positivos que se está consiguiendo.
Actividades interxeracionais: positivas, motivadoras e divertidas
No traballo con persoas con demencia, é fundamental a estimulación cognitiva, física e funcional. Por iso, levamos a cabo o noso traballo con empeño para tentar manter ao máximo estas capacidades que a enfermidade vai levando pouco a pouco de forma inevitable.
Insistimos en que manteñan a lectura, a escritura, o cálculo… xa que esa axilidade mental e eses procesos están implicados en moitas actividades necesarias para manter a autonomía e un bo nivel no día a día de calquera persoa.
Pero… en ocasións, nese empeño, moitos esquecen algo moi importante que é o estado emocional e o benestar psicolóxico das persoas con demencia. De que nos serve que María ou Pepe sumen e resten perfectamente se non teñen ganas de vivir? En base a iso, os que traballamos día a día con estas persoas, ademais das actividades máis convencionais (que por suposto son necesarias), tentamos buscar outras moitas que, utilizando estímulos diferentes, persegue semellantes obxectivos.
Por ese motivo, hoxe quería falarvos das actividades e dos programas interxeracionais, que tiven a sorte de poder poñer en práctica nestes últimos anos e das cales gozamos nenos, maiores e profesionais. Diversas investigacións coinciden en que a interacción entre nenos e maiores aporta beneficios individuais e sociais para ambos os grupos. Ademais, os datos indican que as persoas con deterioro cognitivo ou demencia poden experimentar maior afecto durante as interaccións con nenos do que poden sentir en actividades non interxeracionais.
Existen moitas definicións deste tipo de programas; no meu caso, quédome con esta que di: «Un programa organizado para fomentar a interacción entre nenos, mozos e persoas maiores que sexan continuadas, mutuamente beneficiosas e que conduzan ao desenvolvemento de relacións» (McCrea, Weissman e Thorpe-Brown, 2004).
Non se trata só de que nenos e maiores compartan espazo, ou estean xuntos, tamén teñen que «facerse xuntos», intercambiar experiencias, coñecementos, emocións e afectos. O contacto e o traballo cos nenos é algo tan familiar (case todos somos pais, tíos, avós, irmáns…) que incluso persoas con un deterioro moi avanzado reaccionan ante estímulos cando están implicados os nenos.
Puxemos un par de exemplos: unha persoa con demencia que non é capaz de recordar o que come cada día, lembra perfectamente cando un neno de 2 anos veu aos talleres, subiuse á mesa e puxo a cantar; outra, en estadio moderado, que ten dificultades importantes ao vestirse, coloca os pescozos dos mandís e arremanga aos nenos para que non se mancen nunha actividade de pintura, de maneira totalmente instintiva, sen que ninguén lle pida.
Tras todo isto, é innegable que o simple contacto con nenos en actividades é positivo por si mesmo, ademais de divertido e motivador. O cal indica que se levamos a cabo programas mantidos no tempo, podemos ir máis alá e lograr beneficios nas persoas con demencia como os que se relatan a continuación:
- Reducción da modorra, a apatía e a sintomatoloxía, conductual/emocional característica da demencia.
- Reforzo da identidade e a autoimaxe, incrementando o seu sentimento de «ser útiles» para os demais e integrándoos na sociedade.
- Ruptura coa rutina necesaria no día a día (no caso de persoas con demencia en institucións) que proporcionan un «bufido de aire fresco» necesario tanto para enfermos como para traballadores.
- Fortalecemento das capacidades cognitivas tales como a memoria, o linguaxe, a percepción… a través das diferentes actividades levadas a cabo.
- Aumento da mobilidade e da actividade social.
Para concluír, unha vez analizada a teoría e posta en práctica, seguirei levando a cabo estas actividades e estes programas no meu traballo con persoas con demencia sempre que poida, xa que supoñen unha fonte de enerxía que lles fai gozar, incluso ás veces ata lembrar, e por moito esforzo que supoñan para os profesionais as actividades diferentes, nas que sempre asumes riscos, ver esas sorrisas, esa alegría aínda que sexa temporal, esa cara de satisfacción cando os nenos os chaman polos seus nomes… fai que todo esforzo mereza sempre a pena.
Patricia Ruibal De Sola
Psicológa de AFAGA