O pasado venres, 20 de abril, a neuróloga do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e membro da Rede Galega de Investigación en Demencias, María José Moreno, impartiu unha maxistral conferencia no Club Faro, na que abordou o tema das demencias desde unha perspectiva científica, social e familiar.
A neuróloga afirmou que “A enfermidade de Azheimer é un reto de todos”. “Este é un problema de enorme magnitude que transcende o ámbito sociosanitario e que implica a toda a sociedade e que require unha abordaxe desde unha perspectiva integral que alcance cos mesmos niveis de intensidade tanto ao paciente como ao seu coidador”, sinalou.
Mª José Moreno asegurou que ante estas previsións urxe adoptar medidas globais xa que ao envellecemento poboacional hai que sumarlle a baixa natalidade, o que fai que diminúan os coidadores. Respecto das familias e os coidadores afirmou que “O alzhéimer non é só unha cuestión do familiar de quenda a quen lle toca coidar ao enfermo, nin sequera só da súa familia; é unha responsabilidade de toda a sociedade”. Tamén explicou que os coidados teñen que estar centrados na persoa, desde os grandes laboratorios e o sistema sanitario ata a familia. “Os nosos coidados teñen que estar centrados na persoa e garantir os seus dereitos e a súa dignidade. E nunca excluílo. Lembrar que detrás da enfermidade está a mesma persoa de sempre”, afirmou.
Urxe a posta en marcha da Unidade de Demencias
Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez, presidente AFAGA, que presentou o acto, insistiu na necesidade de crear unha Unidade de Demencias na área sanitaria de Vigo que permita abordar esta patoloxía a través da prevención, a detención precoz e o tratamento multidisciplinar. Lembrou que é un compromiso político e que é necesario que se cumpra. Ademais, o presidente de AFAGA tamén reclamou un plan autonómico transversal de demencias que sexa capaz de afrontar o reto social que tamén leva esta enfermidade.
Urge la puesta en marcha de la unidad de Demencias