- Durante os días 15 e 18 de marzo se realizarán charlas nos concellos de Redondela e O Porriño para falar sobre a demencia.
O día 15 de marzo (martes) terá lugar a conferencia “Que pasa no cerebro dunha persoa con Alzheimer” no Multiusos da Xunqueira en Redondela ás 18:00 horas.
As ponentes serán Paula Rivas e Ana Campos, biólogas especializadas en Neurociencia.
Entrada libre ata completar aforo.
O día 18 de marzo (venres) se realizará a charla “Alzheimer e outras demencias: qué son e factores de prevención” no Salón de actos do Centro Cultural de O Porriño ás 18:00 horas.
A ponente será Maxi Rodríguez, psicóloga sanitaria en AFAGA Alzheimer.
Prazas libres ata completar aforo.
Para cualquera dúbida poden contactarnos chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com