- AFAGA Alzheimer preséntase un ano máis a iniciativa “La voz del paciente” para axudar a pacientes xóvenes con demencia.
AFAGA Alzheimer sumouse un ano máis á iniciativa solidaria de Cinfa co proxecto “Yo soy”. Esta iniciativa realízase co dobre obxectivo de: dar visibilidade aos pacientes e ás entidades de pacientes que traballan día a día para mellorar a calidade de vida das persoas, e apoiar a estas para que poidan facer realidade os seus proxectos.
A asociación presentou este ano o proxecto “Yo soy” para dar unha resposta a perfís de pacientes xóvenes, conscentes en primeira persoa do proceso patolóxico que padecen (como por exemplo o Alzheimer). Por tanto, necesitan dunha resposta individualizada, que incorpore o abordaxe dos seus sentimentos e emocións respecto ao proceso de tratamento terapéutico.
As 50 asociacións máis votadas recibirán unha subvención de 2.500 euros para facer realidade os seus proxectos. Por iso, dende AFAGA pedimos a súa colaboración.
Para votar necesítase introducir un correo electrónico. E despois de votar enviarase unha mensaxe ao correo utilizado para confirmar o voto.
A votación terminará o día 20 de octubre, polo que pedimos que emitan o seu voto canto antes a todos os interesados en participar.
Grazas de antemán a todas as persoas que están a votar por nós. Ademáis, tamén agradecemos que este enlace sexa compartido entre os vosos familiares, amigos e persoas achegadas.
Consigamos que este proxecto se faga realidade entre todos e todas!