- O Cluster Saúde de Galicia entregou a Afaga Alzheimer o Premio Resiliencia na entrega dos Premios #RIES21.
O pasado 10 y 11 de novembro celebrouse o VI Forum RIES 2021 no Balneario de Mondariz, Pontevedra. Un punto de encontro para reflexionar e coñecer máis sobre o ecosistema de saúde galego organizado polo Cluster Saúde de Galicia.
Na gala de entrega dos Premios #RIES21 a asociación Afaga Alzheimer foi o primeiro socio do GSG en recibir o Premio Resiliencia. Un galardón que recoñece o traballo das familias e persoas con demencia a través dos recursos que deu Afaga Alzheimer. O premio foi recollido por Juan Carlos Rodríguez, presidente da asociación.
Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas ao Cluster Saúde Galicia por este recoñecemento. A pesar da pandemia e este futuro a veces tan incerto, nós seguiremos ahí. Axudando e loitando por mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e os seus familiares.