O Alzheimer pon de manifesto as oportunidades de cooperación transfronteiriza en materia de intervención social na Eurociudad Valença-Tui

  • AFAGA Alzheimer presentou en Valença o proxecto Longsocial, que ten como obxectivo favorecer a intervención social transfronteiriza, a través non só das súas instalacións en Tui, senón tamén coa súa experiencia e coñecemento, ao dispor das necesidades que xurdan no lado portugués da fronteira.
whatsapp image 2024 09 25 at 09.11.02

Imaxe do evento con Laura Esteves (CISAM), Alexandra Afonso (CISAM), Ana Paula Xavier (Câmara Municipal de Valença), Maxi Rodríguez (Afaga), Juan Carlos Rodríguez (Afaga), Mercedes Marinõ (Unidade Local de Saúde do Alto Minho), Orlando Antunes (Centro Distrital de Segurança Social de Viana do Castelo) y Marlene Condessa (Instituto Português de Oncologia)

Valença acolleu, con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a xornada Conversas em torno dá Mente – Imos a falar de Alzheimer, na cal Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente da Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer), tivo a oportunidade de presentar o proxecto LongSocial. 

Este proxecto, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, conta como socios co Centro Interparoquial e Social do Alto Mouro (CISAM), a Santa Casa da Misericordia de Melgaço e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX). Entre os seus obxectivos está o facilitar a intervención social transfronteiriza, “favorecendo así que se desenvolvan iniciativas conxuntas entre entidades a ambos os dous lados da fronteira”. 

Con axuda de todos os socios, o proxecto está a contribuír a identificar a metodoloxía de intervención en Portugal, co fin de favorecer a oferta de servizos para maiores dependentes. AFAGA Alzheimer ve a fronteira “como un lugar de oportunidade”, por iso é polo que poña ao dispor de Valença as súas instalacións en Tui, a súa experiencia e o seu coñecemento, “animando a que a Eurociudad Valença-Tui sexa máis que un nome”. 

Os 30 anos de experiencia da entidade contribuíron a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer ou outras demencias e dos seus familiares. Tamén permitiu achegar a realidade desta enfermidade a entidades públicas e privadas, para así conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo, e estimular e colaborar nas investigacións que se realizan sobre esta enfermidade. 

Desde a Câmara Municipal de Valença, Ana Paula Xavier encomia o labor da sociedade civil en materia de intervención social, poñendo en valor a súa proximidade ás necesidades reais e favorecendo a definición de iniciativas con maiores posibilidades de éxito. “Hai moitas cousas que se poden facer desde a sociedade civil”, anima a vicepresidenta.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio