Pica aquí para ler as bases do concurso

Un ano máis, Afaga presenta a cuarta edición do certame ‘Nun Recuncho da Memoria’ dirixido a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades neurodegenerativas a súa fonte de inspiración.

Nesta ocasión, hai unha novidade na temática, que tratará sobre a enfermidade de Alzheimer enfocada desde a visión dos coidadores e a familia (cónxuxe, fillos, netos,…) ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.

Os relatos terán que estar escritos en lingua galega.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 20 de febreiro de 2018. A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch ou un eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).

One thought on “Afaga convoca o IV Concurso de Relato Curto”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

94 − 90 =