‘Al compás’

Relato finalista en la categoría de gallego por su representación de un amor que va más allá de la memoria, en el VIII Concurso de relatos cortos “En un rincón de la memoria”. Una conmovedora historia sobre una pareja con una unión tan fuerte que ni la pérdida de la memoria puede romper.

afaga alzheimer relato ao compas

 

‘Ao compás’ por Marta Vence

Xa fai un tempo que tan só escoito como me din: “Coitada, non se decata de nadiña” ou “É como si estivese noutro mundo”. Logo, veñen as preguntas a ese señor que sempre está conmigo: “Non é una lousa demasiado pesada?” E, por último, veñen as sentenzas: “Non te deixa vivir, hipotecouche a túa vida. Érache mellor que Deus a levara.” Eu escoito isto e non recordo ter nada hipotecado nin a ninguén; aínda que teño certo vacío que cada vez é máis groso entre cómo era a miña vida antes de ter que escoitar esta refraneira a cotío.

Sempre fun despistada, pero fai un tempo que se me empezaron a olvidar máis seguido as cousas, foi algo que todos atribuimos a falta de concentración que cada vez estaba máis presente e xa non sei quen e “todos”. Agora cóstame máis facer as tarefas cotiás, máis non quero deixar de facer ninguna, nin aquelas que non acordo. Ese home que está sempre conmigo sábeo e respétao. É singular o que os seus ollares me fan recordar ao meu amor partido, ese tan añorado fermoso querer especialista en quentarche a alma.

-Leodoro-

Caseime coa miña muller fai uns cincuenta anos cando éramos uns nenos e dende aquela nunca nos separamos salvo cando fun ao servicio militar, despois, emigramos xuntos, loitamos para facer anosa casiña e criar aos nosos fillos coa mellor vida posible. Coa xubilación viñeron as excursións, o descanso e os nosos netiños máis foise a luz dentro da miña querida Rosalía.

Ela deuse de conta enseguidiña de que non era falta de concentración cando caeu na conta de que sabía ben o quería facer pero faltáballe o como ou perdíase no intento. Empezamos a deixar notiñas pola nosa casa que marcaban os seus que faceres diarios que se converteron nas pezas dun rompecabezas que intentaba armar todos os días, pero que cada vez requería un maior esforzo. As notas iban dende vestirse, a marcar as plantas para regalas aínda que non sabía que tiña que ir coa regadeira e enchía os puños de auga que desembarcaba antes de chegar ao destiño.
Moitos empérranse en vir a vela e contarnos as mesmas cantaruxadas de sempre: “¿Por que deixas que o siga intentado?” ou “Isto non vos é vida”.

Ninguén lles pediu consello e a miña Rosalía sempre foi una loitadora e moi independente, cando logra facer algo, óllame cos esos mirares que me quentan a alma e iso compensa os momentos nos que está perdida, nos que me mira e non me atopa nin a min nin a ela. Moitas veces chamaba por min para que a fose buscar ou preguntase porque me fun e eu tento contarlle alguna historia para calmala e volva a sorrir.

Nos nosos mellores recordos sempre estamos bailando, e así seguimos, porque se un perdía o compás o outro sabíallo marcar. Os dous tivemos momentos malos nesta vida, e alí estaba o compañeiro para volvelo ao baile levando o peso de marcalo ritmo. E, así o seguiremos facendo, ata que non haxa vida e non queda máis compás que marcar nesta vida.
Para a nosa fortuna deunso tempo a que a nosa Alicia, a máis noviña de todos os netos, que nos visita con algarabía todos os días, aprendese de nos a maneira de querernos e a maneira de entedelo o compás da vida.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio