FORMACIÓN SUPERIOR ONLINE: ‘INTERVENCIÓN EN DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS’. PRÓXIMAS EDICIONES NO SEGUNDO TRIMESTRE DE 2023

Afaga_Curso Superior Online_2023

 

A atención ás persoas con demencia segue a ser o gran reto da nosa sociedade, de aí a importancia de que os profesionais realicen un adecuado proceso de acompañamento tanto ás persoas diagnosticadas, así como ás súas familias. Aínda que nun primeiro momento poderiamos pensar que as demencias están ligadas a aspectos neurolóxicos, o certo é que comprende dimensións que abarcan todo o espectro do ámbito sociosanitario.

O propósito desta acción formativa é brindar formación específica e especializada sobre o abordaxe multidisciplinar das demencias para o adecuado acompañamento e coidado das persoas con Alzheimer ou outras demencias, así como ao seu entorno familiar.

OBXECTIVOS

Con esta acción formativa, pretendemos que o alumnado adquira e comprenda:

  • Coñecementos e habilidades necesarias para comprender o proceso de envellecemento normal e patolóxico.
  • O proceso de comunicación coas persoas con demencia para poder adaptarnos ás súas particularidades.
  • Estratexias e programas de intervención cognitiva, así como as habilidades necesarias para leválos á práctica.
  • Métodos e estratexias de estimulación funcional na intervención coas persoas con demencia.
  • Diversas aplicacións da fisioterapia na intervención á persoa con demencia e ao seu coidador.
  • As implicacións que ten no entorno familiar o coidado dunha persoa con demencia.
  • Os aspectos afectivos e sexuais no proceso de envellecemento normal e na enfermidade de Alzheimer.
  • Os recursos sociais e de protección aplicables ás persoas con demencia e ao seu entorno.

A QUEN VAI DIRIXIDO
Este curso está dirixido a profesionais do ámbito social e sanitario (auxiliares de clínica, xerocultores, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, médicos, traballadores sociais, …) que queiran ampliar e reciclar coñecementos no ámbito das demencias, así como para todos aqueles que queiran coñecer máis profundamente o acompañamento de persoas con demencia e ao seu entorno familiar.

FORMACIÓN BONIFICABLE

Consultar prezos e descontos.

Formación 100% bonificable a través de FUNDAE. Posibilidade de xestión da bonificación por parte de AFAGA.

FORMATO
Esta acción formativa é 100% en liña e será impartida a través da nosa Plataforma Virtual: formacion.afaga.com. Asimismo, cada módulo ten unha duración de 20 horas lectivas.

SOLICITA INFORMACIÓN
Para obter máis información sobre contidos, prezos e descontos, contacta connosco a través de: formacion@afaga.com / 986229797 ou no formulario que atoparás nesta mesma páxina.

*FORMACIÓN A MEDIDA
También desenvolvemos cursos e talleres á medida para entidades e institucións sociosanitarias. Consúltanos para máis información.

*Inicio do primeirosegundo módulo o 19/04/2023

 

    *Inicio do primeirosegundo módulo o 19/04/2023