Demencia vascular
Non é unha única entidade clínica xa que está provocada por múltiples causas, que inclúen lesións cerebrais tanto hemorráxicas (ruptura dun aneurisma) como isquémicas (interrupción da circulación sanguínea), que dan lugar a sintomatoloxías diversas segundo a localización da lesión. Considérase a segunda causa máis común de demencia despois da enfermidade de Alzheimer. Ainda que, como se menciona anteriormente, a sintomatoloxía é moi heteroxénea en función da zona cerebral danada, a continuación expóñense algúns dos síntomas máis comúns na demencia vascular.
Alteracións cognitivas que se dan na demencia vascular
Incapacidade para manter a atención nunha tarefa durante un período prologado de tempo (atención sostida), para dirixir a atención ó estímulo relevante (atención selectiva) ou para realizar dúas tarefas de maneira simultánea (atención dividida). Isto provoca no día a día que as persoas con este tipo de demencia deixen tarefas sen finalizar, se distraian con facilidade, lles custe seguir o fío dunha conversación, etc.
A persoa con demencia vascular non se mantén estable; a intensidade dos síntomas varía con relativa brusquedade duns momentos a outros, tendo días no que o deterioro cognitivo parece maior que noutros.
As funcións executivas son aquelas que integran o funcionamento ordenado e efectivo do resto de funcións cognitivas. Tal como o explica Elkhonon Goldberg, actúan como un director de orquestra, facendo que os distintos procesos cognitivos interveñan de forma ordenada e adecuada na medida en que son requeridos para a execución correcta dunha actividade. Esto fai que aparezan problemas de planificación (dunha reunión familiar, da organización do día, dunha viaxe…), de razonamento lóxico, de comprensión de sentidos figurados, ironía…
Trastorno da execución efectiva de actos motores, voluntarios e ben aprendidos, cunha finalidade ou intencionalidade, en ausencia de alteracións físicas que impidan ou dificulten o movemento. Accións como usar adecuadamente os cubertos, ferramentas, útiles de aseo, abrochar botóns, atar cordóns, debuxar, realizar xestos comunicativos coas mans… estaría entre os exemplos de actividades cotiás que requiren unha adecuada capacidade práxica.
As funcións visoespaciais permítenos identificar e localizar no espazo estímulos visuais. A súa alteración pódese manifestar en forma de dificultade para orientarse no espazo, dificultade para recoñecer e localizar obxectos no espazo, ou errores ó calcular distancias que poden ocasionar caídas, ou accidentes ó conducir vehículos.
Sintomatoloxía psicolóxica e conductual na demencia vascular
A depresión pódese facer evidente tanto por síntomas como o pranto, a tristeza ou desesperanza, como por perda do apetito, disminución acusada de peso ou insomnio.
Perda acusada de motivación e iniciativa para a realización de actividades. Aínda que, en si mesma, é un síntoma habitual da depresión, nas demencias pode aparecer (e frecuentemente é así) de forma independente. En ocasións, prodúcese unha acentuada introversión e tendencia ó aillamento como consecuencia da confusión que o enfermo experimenta ante determinadas situacións, o que o leva a apartarse e non amosar interese. É habitual que a apatía apareza ó inicio do proceso sintomático e que perdure, ainda que poda fluctuar, ó longo das distintas fases.
Este trazo é a expresión dun temor anticipatorio a experimentar situacións desagradables, algún dano, ou algunha desgracia. A especial dificultade que teñen as persoas con demencia de prever o que sucederá nun futuro, ainda que sexa inmediato, deriva a menudo en manifestacións de ansiedade.