Testamento solidario
Por medio do Testamento Solidario, alén de deixar a túa herdanza aos teus seres queridos, poderás destinar parte do teu patrimonio ás persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias e contribuír a mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus familiares.
Que consegue AFAGA coas miñas achegas do testamento solidario?
- Continuar co desenvolvemento de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.
- Financiamento para a realización de programas de apoio psicolóxico dirixidos a familiares e coidadores.
- Financiamento para a realización de actividades e programas de respiro dirixidos a familiares e coidadores.
- Realizar actividades formativas dirixidas a familiares e coidadores.
- Fondos para participar en investigacións cuxo fin último é atopar unha posible cura para o alzhéimer e outras demencias, ou ben, deter ou atrasar a deterioración causada por estas.
Como facer o testamento solidario?
Facer testamento solidario é un procedemento inmediato, simple e económico. Comunmente emprégase o testamento aberto ou notarial e pódese modificar tantas veces como desexes.
Existen diversas modalidades para realizar un testamento solidario:
- No caso de que non teres herdeiros, poderás nomear AFAGA herdeiro universal.
- No suposto de deixar os teus bens a máis dunha persoa e/ou institución, podes nomear AFAGA coherdeira, simplemente sinalando no testamento a porcentaxe destinada a cada unha das partes.
- Por último, podes deixar a AFAGA un ben concreto a través dun legado.
Interésate? Solicita máis información:
