O presidente de Alzheimer Portugal visita AFAGA

afaga alzheimer visita presidente alzhéimer portugal 1
Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, e José Carreira, presidente de Alzhéimer Portugal.

José Carreira, presidente de Alzhéimer Portugal visitou, o pasado venres, o centro de Atención integral de AFAGA. Os principais obxectivos deste encontro foron coñecer de preto a metodoloxía de traballo da asociación, compartir experiencias, e establecer sinerxias que poidan derivar en novos proxectos de actuación conxuntos.

afaga alzheimer visita presidente alzhéimer portugal 2
afaga alzheimer visita presidente alzhéimer portugal 3
José Carreira participou tamén nas XVI Xornadas Interdisciplinares da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), que se celebraron o sábado, 9 de xuño, en Santiago de Compostela. Un evento ao que acudimos profesionais de todas as asociacións de alzhéimer de Galicia. O presidente da entidade portuguesa realizou unha interesante aproximación á situación das demencias en Portugal, así como a metodoloxía de traballo de Alzhéimer Portugal.
afaga alzheimer visita presidente alzhéimer portugal 4

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio