Publicáronse algunhas investigacións nas que se equipara a intervención da terapia ocupacional na enfermidade de Alzheimer coa efectividade dos tratamentos farmacolóxicos, é importante comezar coa intervención canto antes para atrasar a evolución da enfermidade e manter ao máximo a autonomÃa das persoas.
Este interesante artigo dunha das terapeutas ocupacionais de AFAGA, Cecilia Touceda Rey, achéganos un pouco máis ao mundo da terapia ocupacional. Que é, para que serve, como se aplica nos centros e como poden utilizala os coidadores no seu dÃa a dÃa.
Â
Terapia ocupacional:
a importancia da motivación e as rutinas para manter as actividades da vida diaria
Â
Algunhas investigacións equiparan a intervención da Terapia Ocupacional na enfermidade de Alzheimer coa efectividade dos tratamentos farmacolóxicos, sendo importante comezar coa intervención o máis cedo posible para retrasar a evolución da enfermidade e manter ao máximo a autonomÃa das persoas.
A demencia é un sÃndrome (xeralmente de natureza crónica ou progresiva) caracterizado polo deterioro da función cognitiva.
Cando un usuario chega aos nosos centros, sempre se realiza unha valoración por parte do terapeuta ocupacional. A valoración centra-se en coñecer os intereses da persoa, as súas rutinas diarias e hábitos persoais. Para iso, pregúntase á súa familia sobre:
- Actividades básicas da vida diaria (ABVD): RefÃrese ao autocoidado: mobilidade (andar, escaleiras, bipedestación, trasferencias…), vestir, alimentación (acto de comer e deglutición), hixiene persoal (bucal e facial, barbeado e peinado), baño (en ducha ou bañeira), incontinencia (vesical e anal).
- Actividades instrumentais da vida diaria: Son as que realizamos para interactuar co noso entorno máis inmediato: coidado da casa/habilidades domésticas (facer a cama, lavar pratos, coidado da roupa etc…), preparación de alimentos, manexo de diñeiro, manexo de transportes, manexo de medios de comunicación (teléfono, escritura, etc.), manexo de medicación, manexo de recursos sociosanitarios.
Esta información proporciona unha idea do funcionamento diario da persoa, os seus gustos e preferencias. Asà poderemos centrar a intervención, potenciar a súa autonomÃa, diminuÃr a apatÃa e retrasar a evolución.
Nos centros existen diferentes programas de actividades de Terapia Ocupacional que utilizamos en contexto grupal, para potenciar as funcións cognitivas/funcionais alteradas e, sobre todo, traballar a atención do usuario, seguir rutinas nas actividades e potenciar as súas habilidades. Algúns exemplos son actividades de orientación á realidade, uso da reminiscencia para evocar recordos, actividades manuais (laborterapia), uso da música como recurso terapéutico, actividades fÃsicas (mobilizacións, psicomotricidade…), saÃdas á comunidade, etc.
En todo o tratamento, o terapeuta ocupacional utiliza a actividade con propósito, cun análise previo e uns obxectivos claros. Na actividade, é importante observar como se inicia, como se executa e como segue unha secuencia de condutas dirixidas cara a unha meta.
Pero como xa comentamos, o máis importante son as actividades básicas e instrumentais da vida diaria. Estas hai que realizarlles un gran número de veces ao longo do dÃa. Se tivésemos que concentrarnos nelas cada vez que as realizamos, suporÃanos un gran esforzo. De aà que o ser humano as converta no que chamamos rutinas. Por exemplo, cando aprendemos a conducir, necesitamos “estar pendentes” de mirar adiante, os pedais, as marchas, etc.. Unha vez que adquirimos as rutinas, podemos manter unha conversa coa persoa, estar pensando noutra cousa, etc,…
Estas “actividades automatizadas” inclúen case todas as actividades da vida diaria. Hai que insistir en que a carga de todas estas tarefas recae sobre a figura do coidador, que non é un profesional da saúde, e ao que a supervisión case constante, a implicación emocional, a responsabilidade,… sobrepasa en moitos casos.
Tamén é el, o coidador, a persoa que máis pode facer para que a esixencia na realización das AVD sexa menor, facilitando ao enfermo, estimulándoo, e para dar continuidade ás actuacións terapéuticas. Para facer máis comprensÃbel, máis sá, máis fácil de levar esta enfermidade.
Consellos para os coidadores:
Aquà presentamos unha serie de consellos xerais sobre o abordaxe, desde o punto de vista do coidador, das AVD, que axudarannos a manter a autonomÃa e mellorar o funcionamento diario dos nosos usuarios:
- Mantén un horario constante de comidas, hixiene, etc. Tamén unha secuencia, sempre a mesma, das AVD.
- Vixiar e poñer especial coidado na regularidade do ciclo vixilia-sono.
- Manter un entorno o máis estable, seguro, sinxelo, facilitador, orientador, adaptado e tranquilo posible, tanto fÃsico como familiar.
- Adiántate ás súas necesidades, pero sen sobreprotexelos, estimulando a súa autonomÃa.
- Realiza actividade fÃsica adaptada diariamente ou tan frecuentemente como sexa posible.
- Manter unha estruturación das actividades diarias.
- Dar tempos de tranquilidade e relaxación.
- Manter e estimular as capacidades conservadas do individuo.
- Estimular a repetición de xestos cotiás e que participen da vida cotiá no domicilio.
- Estimulación de aspectos cognitivos da persoa.
- Simplificar cedo e ao máximo as tarefas de autocoidado. Todas se descompoñen en outras máis doadas, que pode que fagan sen axuda. Repetir instrucións en cada paso.
- Estimular a fala e calquera comunicación co exterior. Dalgún xeito adecuado, sinxelo e claro.
- Orientación temporo-espacial constante.
- Asesorarse acerca dos hábitos molestos, alteracións do estado de ánimo, trastornos do comportamento que acompañan á enfermidade.
- A seguridade propia e a dos demais é imprescindÃbel e deberemos buscala sempre.
- Manter un intercambio social aceptábel.
- Buscar as actividades de lecer e tempo libre máis motivadoras e participativas para o enfermo.
- Estar alerta ante o resto de enfermidades e déficits sensoriais (vista, oÃdo, etc…), dos cales non están libres. Coa comunicación diminuÃda, deberemos fixarnos nas sinalas de enfermidade.
- Normalizar as repercusións da súa conduta. Comprender o seu estado, a súa enfermidade. Ser flexible e paciente. A discusión aumentará a súa confusión.
- Na continuidade do plan de tratamento radica a súa efectividade.
Desde os nosos centros traballamos usando o propósito e a motivación do usuario, crear rutinas e facilitar o dÃa a dÃa intentando potenciar ao máximo a súa autonomÃa.
Â
Cecilia Touceda
Terapeuta Ocupacional de AFAGA