O Centro Veciñal e Cultural de Valladares acolleu a Festa dos Talleres de Estimulación dos centros de Afaga. Usuarios e familiares dos centros de Vigo, Nigrán, Ponteareas, Tui, Salceda de Caselas e Mos, ademais de varios traballadores e voluntarios de Afaga, participamos é este encontro no que non faltaron bailes, actuacións, entrega de diplomas, homenaxe a voluntarios e moita diversión.
Ademais, contamos coa presenza da concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, que nos acompañou durante toda o festival. Fixo a inauguración do mesmo e entregou os agasallos aos nosos voluntarios e voluntarias durante o acto de homenaxe ao noso voluntariado.
Desde Afaga Alzheimer queremos dar todo o noso agradecemento ao Centro Cultural e Veciñal de Valladares, que nos cederon o espazo para o festival, aos bailaríns que amenizaron a festa coas súas demostracións de bailes de salón e, por suposto, á Concelleira Yolanda Aguiar, por acompañarnos neste entrañable encontro cos nosos socios, familiares, traballadores e voluntarios e voluntarias.
Para finalizar a festa, organizamos un divertido photocall, por onde pasaron os invitados/ as.
Foi unha tarde moi amena, chea de momentos entrañables!