Inauguración oficial das XIV Xornadas Profesionais.
Homenaxe a Carlos Mañas, fundador da ONG Solidarios Anónimos, polo seu apoio a Afaga.
Baixo o lema ‘Alzheimer, un problema de todos’, diversos profesionais do sector de atención ás persoas que sofren enfermidades neurodexenerativas analizaron e debateron sobre temas relevantes relacionados coa enfermidade de Alzheimer.
O programa deste ano acolleu conferencias e mesas redondas moi interesantes. A Sociedade Galega de Xerontoloxía Xeriatría imaprtiú a conferencia de apertura ‘Novos retos na atención sociosanitaria das persoas con vulnerabilidade cognitiva’.
A xornada do sábado comezou cunha mesa redonda que abordou un tema moi relevante para investigadores e profesionais sanitarios, ‘Deterioro cognitivo: investigación e aplicacións práctica’.
A continuación, houbo unha mesa redonda sobre un tema xurídico de gran actualidade, ‘Alerta e medidas de protección para as persoas con vulnerabilidade cognitiva’, na que se analizaron as ferramentas legais que existen para profesionais e familiares á hora de protexer tanto á persoa enferma como aos coidadores (malos tratos, incapacitaciones, neglixencia nos coidados), así como as lagoas legais que existen neste ámbito.
Para finalizar a mañá, varios profesionais sanitarios participaron nunha mesa redondae cun título moi interesante, ‘Toma de decisións difíciles na atención á demencia avanzada’. Nela analizáronse como e cando tomar determinadas decisións relacionadas co/a enfermo/a como sedación, alimentación, control da dor, duelo,…
Estas xornadas están consideradas de interese sanitario, acreditadas por “SAGa” e avaladas pola Sociedade Galega de Neuroloxía e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Clausura das Xornadas.