O centro de Atención Integral de Afaga acolleu onte a primeira sesión do curso ‘Un coidador, dúas vidas’

IMG_4690

Durante a xornada de onte, Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga e coordinadora deste taller, abordou aspectos como a importancia do autocuidado para coidar mellor, a necesidade de saber expresar emocións e sentimentos, sobre todo no entorno familiar, e a relevancia da formación na patoloxía do familiar para coñecer ben a enfermidade de Alzheimer e a súa evolución.

Por último, tamén reflexionaron sobre a importancia dos tempos de respiro para o coidador principal, evitando así a sobrecarga.

Maxi Rodríguez mostrouse moi satisfeita polo resultado desta primeira sesión, posto que ‘o grupo é moi participativo e empezou con moitas ganas’, segundo destacou.

IMG_4694

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

21 − = 19