- AFAGA Alzheimer realizará unha sesión de acollida dirixida a persoas coidadoras e familias.
Esta é una actividade gratuita dirixida, principalmente, a persoas non socias de AFAGA que desexan coñecernos como asociación e informarse dos servizos que ofrecemos (obradoiros de estimulación, apoio psicolóxico, atención social, servizos de atención ao domicilio, etc…)
A sesión de acollida se levará a cabo o 7 de febreiro (luns) ás 17:00 no Centro Integral de Atención ás Demencias (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior, Vigo). A encargada de impartila nesta ocasión será Marina Requejo Román, Traballadora social en AFAGA Alzheimer.
Pode apuntarse a esta actividade ou outras que se encontran dentro do noso programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com. A continuación, deixamos o cartel co programa completo dende xaneiro a xuño de 2022.