O taller enmárcase no Programa de Estimulación Cognitiva mediante Novas Tecnoloxías, una innovadora experiencia dirixida as persoas con deterioración cognitiva leve e moderada..

O principal obxectivo deste programa é traballar as capacidades cognitivas, funcionais e sociais das persoas que padecen a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas.

O taller púxose en marcha en marzo de 2012, está formado por oito persoas e realizábase durante dúas horas, un día á semana, e dende o mes de outubro de 2012 escomezou un novo grupo pola mañá. Polo tanto, actualmente, o taller realízase dúas veces á semana, un día pola mañá e outro pola tarde, con usuarios diferentes.

 

Antes de comezar a primeira sesión ás persoas realízaselles unha avaliación para valorar diferentes aspectos como o cognitivo, a linguaxe ou a motivación, desenvolvendo clases personalizadas adaptadas a cada usuario.

O aspecto mais innovador deste programa é que se realizará un taller convencional de estimulación cognitiva (con comentarios de prensa, karaokes, exercicios de memoria, etc.) utilizando como medio as novas tecnoloxías, a través dos programas Gradior y SmartBrain, adaptándoos ás características e necesidades dos participantes.

Cada persoa dispón dun ordenador con pantalla táctil, ademais do teclado, rato e auriculares. Ademais, nunha segunda parte do programa traballaranse o desenvolvemento funcional dos participantes a través de X-Box e a Wii.