A finais do ano 2011, AFAGA puxo en marcha o Centro de Atención Integral para enfermos de Alzheimer e outras demencias, centro da súa titularidade situado no local propiedade do Concello de Vigo*.
Entre os programas e servizos que, orientados ás persoas usuarias, se realizan no centro destacan:

– Programas de apoio a familias:

  • Programa de Acollida
  • Programa de información e asesoramento en axudas técnicas
  • Atención psicolóxica individualizada
  • Grupos de Axuda Mutua
  • Asesoramento legal
  • Información
  • Información, orientación e asesoramento en trámites e recursos sociais
  • Trámites sociais

Actividades formativas

  • Cursos para familiares e coidadores
  • Cursos para voluntarios
  • Xornadas técnicas para profesionais
  • Cursos para coidados no contorno familiar de persoas con demencia
  • Programa de formación interna para traballadores

– Intervención con enfermos en fase leve

Nos obradoiros de estimulación se traballa en grupos pequenos e por niveis de capacidade, o que permite que os usuarios se relacionen e conserven as habilidades sociais.

Dirección: Avda. Martínez Garrido, 21. Interior. 36205. VIGO (PONTEVEDRA)
Teléfono: 986 22 97 97

*Disfrute do local por medio do Decreto do Excmo. Sr. Alcalde de data de 25 de marzo de 2011, denominado “Autorización de uso en precario de local municipal á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA)”, que supoñen a utilización de 352,71 metros cadrados do local co número de inventario 1816.