A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) pon a disposición das persoas que o necesiten unha serie de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos enfermos, dos seus familiares e e da súa contorna próxima, a través de talleres, apoio psicolóxico, asesoramento legal e social, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados coas enfermidades neurodexenerativas.
Temos un Centro de Atención Integral en Vigo e centros en Mos e Tui nos que se desenvolven talleres de estimulación cognitiva e funcional. Tamén ofrecemos obradorios de estimulación en Salceda de Caselas e Nigrán.
Doutra banda, xestionamos un Centro de Día en Vigo, que conta con 40 prazas, e unha Unidade Terapéutica en Porriño, con 24 prazas, dependentes ambos os da Xunta de Galicia.
Así, Afaga ofrece os seguintes servizos:
- Programa de acollida
- Servizo de Atención Psicolóxica
- Obradoiros de estimulación Cognitiva y Funcional
- Programa de Atención a Domicilio
- Asesoramento Legal
- Asesoramento Axudas Técnicas
- Recursos Especializados
- Taller de Novas Tecnoloxías
Además, Afaga ha puesto recientemente en funcionamiento talleres de estimulación cognitiva y funcional en Tui y en Mos (Pontevedra).