Marina R. Coordinadora do Programa de Atención a Domicilio.
O Programa de atención a domicilio púxose en marcha para ofrecer axuda e apoio aos familiares coidadores no domicilio e para favorecer o mantemento do enfermo no seu ámbito o maior tempo posible. A asociación ofrece varios tipos de apoio no fogar:
1. SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO (SAD)
Dedícase principalmente ao aseo e coidados de atención persoal da persoa enferma aínda que, entre as súas labores, a auxiliar ten tamén a formación en coidados das persoas responsables dos coidados. Este é un servizo que se presta en de luns a venres en horario de mañás.
2. SERVIZO DE RESPIRO “SÁBADOS ESPORÁDICOS”
A diferenza co anterior servizo é que se presta os sábados en horario continuado entre 4 e 6 horas seguidas (facilitando desta maneira que o familiar poida gozar dun breve período de descanso).
3. SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO RESPIRO
Continúa co criterio inicial de prestación de servizo, neste caso de luns a venres en horario de tarde e coa finalidade de dar unhas horas libres aos familiares para que poidan realizar actividades puntuais que antes non podían levar a cabo por estar a cargo dunha persoa con Alzheimer ou outra demencia.
Máis información:
- Teléfono: 986 22 97 97 Extensión: 2.
- E-mail: marina@afaga.com
- Persoa de contacto: Marina R. Román