Reloxo, tempo e esquecemento

– Bos días, señora Carmen.
– Bos días.
– Que fai aí parada? Vai quedar vostede conxelada.
– Estou a esperar o meu fillo. Foise comprar hai un anaco, pero parece que se atrasa -engadiu a anciá, consultando o seu reloxo.
– Non se preocupe, seguro que non tardará. Impórtalle que lle faga compañía?
– Gracias, fillo, non che molestes. Seguro que tes que facer cousas mellores que acompañar a unha vella como eu. Algunha moza afortunada estarate a esperar…
– Non é ningunha molestia, asegúrollo. Sentarémonos neste banco e esperaremos…
E Miguel, como cada mañá, sentábase xunto á súa anciá madre, esperando un fillo que xamais estivo tan preto…

Antonio Mas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio