Cun sinxelo xesto podes poñer o teu granito de area para axudar ás persoas que sofren enfermidades neurodexenerativas e ás súas familias. Comprando un destes detalles, apoias unha boa causa.

Margaritas

Estas margaridas teñen unha bonita historia detrás, unha historia con nomes e apelidos, unha historia de xenerosidade. Están realizadas a man por dúas socias e fillas dunha persoa con alzhéimer, elas tiveron a idea, elas elaboráronas (de forma totalmente desinteresada) e elas doáronas a Afaga.

O seu obxectivo, axudar ás persoas que, como elas, viven de preto a enfermidade de Alzhéimer e axudarnos a nós para que podamos seguir desenvolvendo programas que axuden aos enfermos, aos coidadores e ás familias.

Grazas Coco, grazas Maite!

E grazas a todos os que nos apoiades no noso labor diario!

Marcapáxinas e o broche/pinza*
3€ por peza + 1€ de gastos de envío


Qué producto queres?


Marco e diadema*
4€ por peza + 2 € de gastos de envío

Que producto queres?


Axenda e chaveiro*
5€ por peza + 1 € de gastos de envío

Que producto queres?


*Para pedidos superiores a 3 piezas, consultar precios en afaga@afaga.com

Libro de relatos



‘Nun Recuncho da Memoria’

Este libro recolle unha pequena mostra dunha sucesión de relatos que foron chegando a Afaga Alzheimer ao longo das tres edicións do concurso de relato curto ‘Nun recuncho da memoria’. Son pequenos retallos de sensacións, vivencias, emocións e inspiracións que as súas autoras e autores plasmaron nun papel e quixeron compartir con nós.
Reunimos 20 deses relatos, aínda que se nos quedaron moitos no arquivo, que nos gustaría publicar tamén, pero non cabían todos,…

Gozade con eles!

Prezo: 2 euros