The Mind Guardian
The Mind Guardian é un proxecto innovador de detección temperá do deterioro cognitivo baseado nun videoxogo para tablets Android, desenvolvido por Samsung Iberia, a Universidade de Vigo e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. (Forbes)
A aplicación emprega técnicas de gamificación e intelixencia artificial para avaliar distintos tipos de memoria en persoas maiores de 55 anos, ofrecendo unha ferramenta de cribado accesible, sinxela e non invasiva, que pode empregarse desde o domicilio e nun contorno amigable.
AFAGA participou activamente no proceso de validación do proxecto, achegando a visión e experiencia das persoas con deterioro cognitivo e das súas familias, contribuíndo a que a ferramenta responda a necesidades reais.
En 2025, The Mind Guardian foi recoñecido co Segundo Premio na modalidade de pacientes nos Premios de Innovación en Saúde do Sistema Público de Galicia (ACIS SERGAS), destacando polo seu impacto social e polo seu enfoque centrado nas persoas.
