
AFAGA foi beneficiaria, un ano máis, dun novo Programa Integrado de Emprego (PIE) para mellorar a empregabilidade e inserción laboral dun centenar de demandantes de emprego da provincia de Pontevedra e conseguir que, polo menos, un 46% asine un contrato de traballo no 2026.
O PIE 2025/2026, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, diríxese a mulleres, persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, persoas migrantes cunha autorización de residencia por arraigamento socioformativo e a menores de 30 anos.
As persoas participantes recibirán orientación laboral individual e grupal, formación transversal en TIC, coaching e mentoring, realizarán obradoiros de procura activa de emprego, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e formación en itinerarios personalizados en sectores estratéxicos, así como realizarán prácticas non laborais.
Os itinerarios dispoñibles son: loxística industrial, servizos socioculturais, sociosanitario e industrias TIC.
Máis información no teléfono: 674222196 – 653392606 ou mail orientacion@afaga.com

